quinta-feira, 23 de dezembro de 2010

Vite contará cun polígono de 170 vivendas, que se impulsa este mes

Será un espazo residencial e natural que completará a cidade entre o barrio e o Monte de Deus

O Concello compostelán dará luz verde antes de que finalice o ano á achaiadura do chan sete de Vite de Arriba, que permitirá a construción de 174 vivendas. O ámbito ten unha superficie de 60.000 metros cadrados, dos que 24.000 serán destinados a uso residencial.

O novo polígono albergará, como as casas illadas da contorna, vivenda libre. No entanto, o plan parcial que aprobará o Concello posibilitará a edificación de corenta vivendas protexidas. De acordo á trama de ordenación, os promotores do chan poderán construír vivendas unifamiliares encostadas e pareadas na parte que se eleva do ámbito, e na parte inferior pisos.

Para a execución do polígono xa existe un operador, que é a Urbanizadora Monte S.L. e a súa actuación basearase nun deseño realizado polos arquitectos Xerardo Estévez e Ángel Alonso que garante unha calidade urbana á área de actuación.

O obxectivo do plan, cuxo desenvolvemento implicará a acometida dunha serie de expropiacións na zona, é completar os espazos baleiros nos bordos do chan urbano existente, que permita o acabado do chan urbano existente e a transición entre o polígono de Vite e os núcleos próximos de Vite de Arriba e Vite de Abaixo. Estes últimos, con este proxecto urbanístico, quedarán enganchados á cidade como pezas urbanas de bordo.

En realidade, a área a desenvolver podería albergar legalmente un maior número de vivendas das programadas, pero o Concello preferiu un uso residencial de intensidade baixa e unha ampla dotación de espazo libre e natural na contorna. Xunto ás vivendas, o polígono contará con zonas comerciais e usos complementarios nas plantas baixas. Unha das dotacións que terá cabida neste espazo é un hotel de planta baixa, cunha superficie de 1.200 metros cadrados e no medio dunha zona axardinada.

A ordenación desta zona estrutúrase nun eixo lonxitudinal que comunica a estrada de Santa Comba e Vista Alegre con varios puntos do polígono de Vite, e hase de adaptarse inexcusablemente ás condicións topográficas que encerra. Sobre o ámbito, como un elevado miradoiro paisaxístico, áchase o Monte de Deus, que a principios do mandato foi obxecto dunha intervención urbanística que o converteu nunha atractiva paraxe natural para goce dos cidadáns. As vivendas unifamiliares situaranse ao pé do outeiro.

Asociación Veciñal "Polígono de Vite"

Asociación Veciñal Polígono de Vite

Proxecto "Urbana Santiago norte"

proxecto URBANA SANTIAGO NORTE

Centro socio-cultural "José Saramago"

Centro socio-cultural José Saramago

Estades controlados

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Snap Shots

Get Free Shots from Snap.com

Novas Vitenses © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO