A situación que denuncian pais da escola infantil de Vite plantexa dous problemas. O primeiro deles é que os nenos máis pequenos non poden desfrutar das instalacións situadas no patio, porque é necesario desinfectala e desparasitala.
Ao parecer, desde hai meses gatos da rúa utilizan este espazo para transitar e facer as súas necesidades e, ao tratarse de menores, existe un protocolo de hixiene que vai máis aló da simple limpeza, para evitar calquer posíbel enfermedade.
O segundo problema é que este labor parece estar sometido ás inflexíbeis leis da burocracia. É dicir, que as autoridades pertinentes necesitan que se cumpran toda unha serie de trámites para levar a cabo a faena, e o retraso está saturando xa a paciencia dos proxenitores.
Segundo relataron a este periódico, esixiuselles a presentación dun informe sobre a situación acompañado de fotos dos susoditos felinos, para tomar cartas no asunto. Algo sumamente difícil, porque os gatos non parecían dispostos a pousar voluntariamente.
A titularidade da escola infantil de Vite corresponde á administración autonómica, xunto coa de Santa Susana. O próximo curso incorporaranse tamén dependentes da Xunta, as de San Roque e o polígono industrial do Tambre.
Ademais, están as dependentes do Concello en Conxo, Fontiñas e o parque de Trasparlamento, e proxéctase outra máis no barrio de Salgueiriños.
O Concello de Santiago tamén foi requerido para tratar de solucionar o problema. O concelleiro delegado de Sanidade, Andrés Fariña, sinalou a este xornal que xa se enviou unha vez ao laceiro do refuxio de Bando, e que este luns volverase a pasar pola zona.
Control da poboaciónDe todas as formas, o concelleiro sinalou que el mesmo pasara polo centro na tarde de onte, e que efectivamente contemplara a un gato paseando polo patio do centro, polo que a próxima semana enviarase tamén ao inspector sanitario do Concello para que analice a situación.
O problema da presenza de gatos afecta sobre todo aos máis pequenos polas posibilidades de que poidan contaxiarlles algún tipo de enfermedade, pero tamén pode causar problemas a calquera outro adulto, xa que, por tratarse de exemplares asilvestrados, non recibiron nunca ningún tipo de vacina.
Por elo, Fariña sinalou que na reunión do patronato do refuxio de animais de Bando aprobouse esta mesma semana un plano para controlar as colonias de gatos da rúa que se detectaron en diferentes zonas da cidade, co fin de desparasitalos e esterilizalos para evitar un crecemento excesivo e a transmisión de enfermedades á poboación.
Mentres tanto, e co termómetro subindo varios graos, os máis pequenos seguen sen poder desfrutar dunhas instalacións con mobiliario recentemente colocado, á espera de que as administracións competentes decidan tomar medidas para tratar de solucionar os problemas hixiénicos que existen na zona recreativa exterior do centro educativo.
Pasar por tres consellerías diferentesA historia das escolas infantís de titularidade autonómica nos últimos anos é a dun traslado constante cuxo último episodio asinouse aínda esta semana. Da Consellaría de Educación pasou a depender durante o goberno bipartito da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, onde foron bautizadas como Galescolas. Tras as pasadas eleccións, a remodelación do goberno autonómico deu lugar a que estes centros xunto con outros servizos pasasen a depender da Consellaría de Traballo e Benestar Social. Finalmente esta mesma semana o Consello da Xunta acordou que, ao ser centros educativos, volvesen a formar parte da Consellaría de Educación.
Sen comentarios desde o centroEste xornal púxose en contacto coa escola infantil de Vite para coñecer a opinión dos seus responsábeis, pero desde o centro sinalousenos que non podían facilitar ningún tipo de información sobre a situación, e remitiusenos directamente a Igualdade, responsábeis até esta semana das escolas infantís, para que se nos dese a versión oficial.
Servizo de recollida durante todo o díaO refuxio de Bando, dependente do Concello, dispón dun servizo permanente de laceiro para a recollida de animais abandonados. De feito, nas instalacións unha das naves está destinada en exclusiva á custodia dos gatos que son recollidos en plena rúa, para a súa atención e a súa posterior entrega en adopción.
Pendentes da resposta oficialDesde a Consellaría de Traballo, que é quen asumiu a responsabilidade destes centros tras a supresión da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, informousenos onte venres que se van realizar as oportunas consultas e que o luns se dará resposta ás medidas que se están adoptando para tratar de solucionar o problema de Vite.
O problema de encontrar alimentoEn toda a cidade é habitual que moitos veciños, sobre todo das zonas periféricas, boten alimentos aos gatos da rúa. O animais acostuman tamén buscar os puntos nos que encontrar restos de comida, tanto nos contedores como na proximidade dos comedores como o que ten o centro escolar
A nova está tirada de
aquí