O vals austriaco encherá esta noite o Auditorio na gala de Fin de Ano
O 'Danubio azul' soará hoxe en mans da Strauss Festival Orchestra ·· Só fican duascentas entradas para colgar o cartel de "non hai asentos"
O Auditorio de Galicia estará cheo esta noite para
O prezo é de 25 euros en venda anticipada. Os billetes pódense adquirir a través do teléfono 902 434 443 de Caixa Galicia ou na súa taquilla virtual: http:/taquilla.caixagalicia.es.
Os artistas que integran esta agrupación son profesores e solistas da maior cualificación. Para hoxe elixiron un exquisito repertorio de músicas características da Viena Imperial. E, como di o nome que os dá a coñecer, non faltarán os temas de Johann Strauss, o compositor que renovou o vals elevándoo da danza campesiña até convertelo nunha cita ineludíbel na Corte Real dos Habsburgo. O seu inesquecíbel e fermoso O Danubio Azul, escoitarase nesta Gala de Fin de Ano. Outros temas serán a Marcha Radetzy, Voces de Primavera ou o Vals do Emperador.
Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí
Enviar um comentário