Denuncian perigo por árbores en mal estado no parque Bouza Brey
O PP advirte do deterioro da zona verde, con mobiliario roto e camiños intransitábeis ·· Piden que se poden os exemplares da avenida de Lugo
A presenza de árbores en mal estado, algúns con risco mesmo de caer, no parque de Fermín Bouza Brey, é un dos aspectos que máis preocupa á oposición municipal. A concelleira María Castelao denunciou onte nunha rolda de prensa o estado de abandono que se pode apreciar en diversos elementos desta zona verde e que fai que mesmo os veciños denuncien o perigo do parque.
De feito recentemente a caída dun destas árbores provocou serios danos a un vehículo estacionado, polo que o grupo municipal do PP reclamará mediante unha moción que se debaterá no Pleno un estudo pormenorizado do estado de todas elas, a súa poda e a retirada daquelas que poidan supor un risco para automóbiles e peóns.
O Partido Popular tamén denuncia a grave deterioración que presenta o mobiliario urbano do parque, que se estende desde a avenida de Xoán XXIII cara a Vista Alegre. A zona verde conta cunha pista deportiva que segundo as queixas da oposición non conta con dotacións de ningún tipo e está rodeada por un valo caído nalgúns tramos. Tamén denuncian que os camiños interiores do parque están intransitábeis nalgunhas zonas, o que fai imprescindíbel o seu arranxo.
A iluminación do parque Bouza Brey é outro dos aspectos nos que é preciso acometer melloras, substituíndo os farois que están rotos. Tamén reclaman que se vixíe o estado do terraplén que separa a avenida de Castelao da rúa Alexandre Bóveda.
Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Seja o primeiro a comentar
Enviar um comentário