Detido o presunto autor de dez roubos no interior de vehículos en Santiago
A madrugada do pasado martes, ao redor das seis da mañá, un veciño da rúa Alexandre Bóveda (Vite) alertou á Policía Local ao ver a un individuo escondido no interior dun coche aparcado na citada rúa. Os axentes da Policía Local detiveron ao home, que responde ás iniciais F.H.J., de 37 anos. Foi posteriormente a Policía Nacional a encargada de polo a disposición do xulgado de Garda acusado dun presunto delito de roubo con forza no interior de vehículos.
No momento da detención, a F.H.J. intervéuselle unha mochila con diversos obxectos, entre os que había cinco lentes de sol de marcas diferentes, catro radio cedés, chaves, cargadores, lanternas e un ferro da marca Waves.
As xestións realizadas pola Policía Xudicial permitiron devolver aos propietarios algúns dos obxectos incautados. Aínda queda por determinar a procedencia de efectos menores localizados. Os axentes puxéronse en contacto cos propietarios doutros vehículos que tamén sufriran roubos. Trátase de oito casos máis ocorridos na mesma rúa Alexandre Bóveda, Vila de Noia, Costa Nova, San Xoán, Bispo Diego Peláez e Ulpiano Villanueva.
Dáse a circunstancia de que este mesmo individuo foi detido o pasado 16 de agosto. Naquela detención tamén se lle interviñeron obxectos similares, e por aquela detención imputóuselle o roubo con forza no interior de dous vehículos. Xa que logo, F.H.J. suma xa acusacións polo roubo con forza no interior dunha decena de coches aparcados en varias rúas da cidade.
Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Seja o primeiro a comentar
Enviar um comentário