UPyD en contra recorte plazas aparcamento en Vite
En palabras do candidato: "sen previo aviso, como adoita ser habitual no noso concello, os cidadáns que desexan facer uso dos servizos da zona (pavillón, centro socio-cultural, centro de saúde...) atopáronse sen sitio onde aparcar, xa que o uso das prazas de aparcadoiro prohibiuse a todos aqueles que non sexan residentes". Ademais, "moitos pais que desexan levar aos seus fillos a actividades deportivas, enfermos que visitan o centro de saúde ou cidadáns que queren achegarse aos centros veciñais atopáronse con esa prohibición da noite para a mañá, unilateralmente tomada polo goberno municipal, que segue co seu costume de non consultar aos cidadáns".
Insiste este candidato en que "non pode beneficiarse a uns veciños en detrimento de outros" e en que "se é necesario, tomar medidas de organización do tráfico han de escoitarse as demandas e necesidades de todos". José Canedo lembra ao goberno municipal, co alcalde á súa cabeza, que a súa función é "solucionar problemas, non crealos". Esiximos o mesmo trato en toda a cidade incluídas as zonas ORA, as cales terían que eliminarse paulatinamente, como propomos no noso programa para as eleccións do próximo mes de Maio. Esta ordenanza xa non serve para o que foi creada e, doutra banda, dubidamos da súa viabilidade económica.
Pois é o primeiro político que protesta esta decisión mafiosa e casi fascista, e ten que ser de UPyD, hai que joderse.
Temos o que merecemos, dende que o BNG está a favor da base militar mixta da Limia xa non espero nada bo deles. Haberá que comezar a facer algo á marxe dxs politicxs non?
Enviar um comentário