Foxe a toda velocidade tras esnaquizar tres coches estacionados en Vite
Hai testemuñas que viron ao culpable: o condutor dun Seat Córdoba branco//Guindastres e talleres, alertados
Un Seat Córdoba de cor branca, do que a Policía Local de Santiago ten parte da matrícula, saíuse da calzada e chocou contra tres coches estacionados na avenida de Castelao. O duro golpe, que ocorreu ao redor de unha da madrugada do venres ao sábado, alertou aos clientes dun bar próximo. Saíron á rúa e viron como se daba á fuga o condutor.
Estes veciños chamaron á Policía Local e déronlle aos axentes tanto a descrición do individuo que conducía como do automóbil. Con estes datos, a Policía peiteou as rúas de Compostela durante toda a noite e o día de onte, e espérase localizalo nas próximas horas. Ademais, xa foron alertados todos os guindastres e talleres da zona para que dean a voz de alarma en canto vexan este automóbil, pois o coche sufriu moitos danos e necesita reparación.
Segundo as testemuñas, este coche subía pola avenida de Castelao en dirección cara San Caetano cando, seguramente por exceso de velocidade, se saíu da vía e chocou, en primeiro lugar, cun Citroën Xsara, que estaba estacionado na rúa. O golpe foi tan brutal que todo o motor do coche parado moveuse cara atrás. O turismo tivo que ser retirado por un guindastre, pois nin acendía.
Tras este primeiro golpe, o Seat Córdoba saíu rebotado e, tras impactar co Citroën C-4 estacionado á beira do Xsara, golpeou outra vez de forma moi violenta un Nissan Almera. O capó deste último automóbil tamén quedou dobrado; o radiador metido para dentro, e o coche tamén deixou de funcionar.
O Seat Córdoba puido seguir o seu camiño, aínda que ten desfeitas na chapa moi severos e, segundo as testemuñas, un ruído "moi bronco".
Tanto os donos dos coches afectados como a Policía esperan que o condutor que se deu á fuga recapacite e que se entregue. Así, os afectados poderían recorrer ao seguro para reparar os danos e a pena á que se enfrontaría o kamikaze tampouco sería a mesma.
Estes veciños chamaron á Policía Local e déronlle aos axentes tanto a descrición do individuo que conducía como do automóbil. Con estes datos, a Policía peiteou as rúas de Compostela durante toda a noite e o día de onte, e espérase localizalo nas próximas horas. Ademais, xa foron alertados todos os guindastres e talleres da zona para que dean a voz de alarma en canto vexan este automóbil, pois o coche sufriu moitos danos e necesita reparación.
Segundo as testemuñas, este coche subía pola avenida de Castelao en dirección cara San Caetano cando, seguramente por exceso de velocidade, se saíu da vía e chocou, en primeiro lugar, cun Citroën Xsara, que estaba estacionado na rúa. O golpe foi tan brutal que todo o motor do coche parado moveuse cara atrás. O turismo tivo que ser retirado por un guindastre, pois nin acendía.
O Seat Córdoba puido seguir o seu camiño, aínda que ten desfeitas na chapa moi severos e, segundo as testemuñas, un ruído "moi bronco".
Tanto os donos dos coches afectados como a Policía esperan que o condutor que se deu á fuga recapacite e que se entregue. Así, os afectados poderían recorrer ao seguro para reparar os danos e a pena á que se enfrontaría o kamikaze tampouco sería a mesma.
Enviar um comentário