"Sigo sen luz e pasando moito frío desde que caeu o raio na miña casa"
Ramón Fandiño agradece o apoio político, pero sete días despois do suceso sigue coa súa vivenda desfeita.
"Esta noite pasei un frío de mil demos. Unha semana despois do do raio sigo sen luz nen calefacción", denunciou onte a este diario ("El correo gallego") Ramón Fandiño, o veciño da rúa dos Cabalos (Monte de Vite), que o pasado día 17 levou un susto de morte cando un raio provocou unha explosión e rebentou varios cristais e tubarias na súa casa e noutras dos colindantes.
Porén, o máis afectado foi Fandiño, xa que o raio queimoulle a instalación eléctrica da súa vivenda, quedando sen luz nen calefacción. "Estou vivindo unha situación surrealista. Sen luz, utilizando candeas e duchándome na casa dunha irmá...", di, á vez que se queixa de que "teño que contratar, do meu peto, un perito que valore os danos e que vexa quén debe sufragalos, pero se non teño luz nen sequera un electricista pode ver ben cómo está a miña casa por dentro desde o suceso".
Onte foi visitado polo líder da oposición local, Gerardo Conde Roa, quen lle expresou o seu apoio, ao igual que fixo no seu día o concelleiro de Obras, Bernardino Rama.
"Síntome respaldado polos grupos políticos, pero é Fenosa quen ten que demostrar a sé boa fe, polo menos dirixíndose a min e dándome unha resposta", explica.
O obxectivo de Ramón Fandiño é demostrar que "a deficiente instalación eléctrica de Fenosa, que está en contacto coas pólas das árbores, foi a causante de todo".
Enviar um comentário