Un raio fai puré o seu piso en Santiago e case o electrocuta

Un raio queimoulle toda a instalación eléctrica da súa vivenda; el mesmo correu o risco de electrocutarse. Onte pola tarde aínda non tiña luz, nen calefacción, nen sequera teléfono e, por riba, dinlle que ten que pagar do seu peto todos os danos: máis de seis mil euros.
Trátase de Ramón Fandiño, un veciño da rúa dos Cabalos (no Monte de Vite). Un raio caeu no seu barrio coa tormenta da noite do pasado mércores. E, "a través do cabreado público, entrou na miña casa". Fandiño estaba nese momento na cociña. "Acababa de coller un vaso, e dirixíame ao salón para vela final da Copa del Rey". De súpeto "oín unha explosión, e quedei paralizado", comenta. Enfronte tiña o cadro de luz, "cuxos trozos de madeira e plástico voaron ao seu redor. Unha bóla de lume pasoume por diante da cara".
Fandiño creu que "me explosionara a caldeira da calefacción, así que baixei ao garaxe". Alí veu que un paraugas estaba ardendo, e que o lume baixaba polo cable da chave da luz. "Entón fixen o que sei que nunca se debe facer: collín unha mangueira e lle botei auga". Non se electrocutou de milagre.
Ademais disto, rebentaron tres canelóns da auga (rompendo incluso algo de cemento da parede), e estalaron decenas de cristais. "O raio entrou desde fóra á casa, queimou todo o cordón eléctrico e baixou polo desaugue", comenta. Un matrimonio veciño di que "estabamos no comedor mirando a televisión nese momento, e pensamos que caía a casa", explica Celestino García. Rompeu unha ventá desta habitación pero, por sorte, eles non estaban na galería, pois alí foi pior: todos os vidros estalaron. Outra das veciñas comenta que "fóra había lágrimas de luces, como se fosen os fogos do Apóstolo". O que veu en realidade esta muller foi o cabreado do teléfono, que quedou totalmente desintegrado.
Fandiño chamou á empresa Malga, contratada por Fenosa para ocuparse do mantemento eléctrico desta zona de Santiago, "dixéronme que tiña que avisar, pola miña conta e risco, a un profesional privado para arranxalo todo porque foi un fenómeno da natureza, e ninguén se responsabiliza". Os veciños, porén, sinalan que a descarga eléctrica produciuse nunha zona do cableado eléctrico no que hai eucaliptos "e as pólas tocan o fío". Segundo eles, "denunciámolo en varias ocasións porque de vez en cando fan chispas e xa saltaron os automáticos das casas nalgunhas ocasións".
Máis información en:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=3&idEdicion=856&idNoticia=289787
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=561&int1=289787&idGaleria=1901
Enviar um comentário