terça-feira, 15 de julho de 2008

Facenda axuda a rexenerar o santiagués Monte de Deus

O Ministerio de Facenda concedeu ao Concello de Santiago unha subvención de 126.212 euros para financiar o Proxecto de reurbanización do Monte de Deus, en Vite de Arriba, segundo anunciaron desde Raxoi. Este diñeiro supón o setenta por cento da inversión necesaria, que ascende a 180.303 euros.

O Concello de Santiago contempla, desta maneira, realizar neste lugar actuacións como a eliminación de escombros, desbroce de vexetación, así como construír un mirador e unha zona de usos polivalentes, aparte da integración do depósito de auga no entorno. Segundo fontes municipais, o proxecto deberá estar executado antes de que acabe 2008.

2 Comentários:

Unknown disse...

Ben, pois xa sabemos como son estos políticos e tres cousas son as que vexo, como usuaria, que están mal feitas, nestes miradoiro: un, as pistas de terra, que con estes días de choiva, están xa destrozados. dous, a foto panomárica ten mal indicadas moitas cousas (abelendo, urdilde, sta. cecía...) e tres, van poñer os carteis de "prohibido cans"!
Nada máis, un saudiño!

Novas Vitenses disse...

O primeiro, grazas polo teu comentario. É un pracer que visite nova xente este espazo e que, ademais, se animen a deixar a súa pegada.

Segundo, non sei como está o miradoiro do Monte de Deus porque nunca estiven alí, pero se é como ti dis son case que os mesmo problemas que acostuma haber neste país, facer as cousas por facer, non facerlle uns bos accesos para que a xente poida desfrutar e, por último, a falta de mantemento e de coidado.

Asociación Veciñal "Polígono de Vite"

Asociación Veciñal Polígono de Vite

Proxecto "Urbana Santiago norte"

proxecto URBANA SANTIAGO NORTE

Centro socio-cultural "José Saramago"

Centro socio-cultural José Saramago

Estades controlados

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Snap Shots

Get Free Shots from Snap.com

Novas Vitenses © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO