sexta-feira, 26 de fevereiro de 2010

«Os adolescentes teñen falta de motivación»

Rosa Álvarez, do Plan Comunitario de Vite, ofreceu unha charla a pais de adolescentes no Xelmírez II

Rosa Álvarez inaugurou onte o ciclo de charlas do IES Xelmírez II, dirixidas a analizar as relacións entre pais e fillos adolescentes, organizadas polo Plan Comunitario de Vite, no que participan as entidades do barrio e os centros educativos. A intención dos organizadores é manter estes encontros cunha periodicidade de mes e medio para debater sobre os distintos aspectos das relacións entre pais e fillos.

-¿Que poden aprender os pais nestas aulas de formación?

-Non sei se é correcto falar de aulas de formación. Quizais sexan máis uns foros onde os pais poden adquirir estratexias para comprender mellor aos seus fillos. Trátase de coñecer as pautas que poden seguirse en cada momento, en cada etapa do crecemento dos fillos. A idea é incrementar a participación. Os pais, en charlas coma a de onte, poden aprender a identificar os cambios e tamén a recordalos. Poden aprender a entender mellor os conflitos que están a vivir os seus fillos. Os adolescentes teñen que ter os seus dereitos, pero tamén teñen deberes.

-¿Tanta diferenza hai entre a adolescencia dos pais e a da seus fillos?

-Non son tan distintos, pero hai cuestións que mudaron moito. Por exemplo, a socialización o uso das novas tecnoloxías ou que os valores sociais cambiaron. Os adolescentes teñen falta de interese e de motivación, porque non se valora o esforzo. Hai moitos modelos de xente que adquire fama ou cartos sen esforzo e iso fai moito dano aos adolescentes. Tamén ocorre que cando falamos dos adolescentes só se destaca o negativo e o positivo menosvalorase. Os nosos mozos son moi solidarios e isto non sae tanto como o negativo.

-¿Que poden facer os pais contra os modelos negativos que transmiten algúns programas de televisión?

-É evidente que non poden paralos, pero como nai e pai podo controlar os tempos e, sobre todo, a forma de velos. O diálogo é fundamental e os adolescentes deben saber que iso lle pasa a un, pero non a todo o mundo. Teñen que descubrir que o esforzo ten recompensa e non ten que ser económica.

-¿Participan os pais na educación dos fillos?

-Este seguramente sexa un dos temas de futuros foros. Os pais implícanse e colaboran na educación primaria, pero despois en secundaria reláxanse moito. Nas relacións de pais e fillos pódense dar as dúas caras: unha sobreprotección familiar que fai dano e unha excesiva autonomía, que tampouco é boa. Os nenos e despois os adolescentes teñen que sentirse queridos.

-¿Será necesario organizar foros para que comprendan os seus deberes?

-O Plan Comunitario de Vite traballa no instituto dúas ou tres veces por semana con eles. Precisamente, moitos dos temas que se tratarán cos pais, xa se falan con eles. Incluo algúns dos que se debatirán foron plantexados polos propios adolescentes.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Seja o primeiro a comentar

Asociación Veciñal "Polígono de Vite"

Asociación Veciñal Polígono de Vite

Proxecto "Urbana Santiago norte"

proxecto URBANA SANTIAGO NORTE

Centro socio-cultural "José Saramago"

Centro socio-cultural José Saramago

Estades controlados

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Snap Shots

Get Free Shots from Snap.com

Novas Vitenses © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO