sábado, 7 de fevereiro de 2009

Cabreo en Vite pola apación de pintadas con símbolos racistas

Os veciños denuncian que "a Policía nunca pasa por aquí" e piden aos políticos que lles presten máis atención ·· Algúns edificios están cheos de signos nazis

Os veciños da Avenida de Castelao, no barrio de Vite, están fartos de que un grupo de rapaces se dedique a pintar as paredes das súas casas. A súa paciencia, ademais, está ao límite desde que pintasen signos nazis e racistas no número 28 desta rúa. "Pagamos os mesmos impostos que os veciños do centro da cidade, pero por aquí nunca pasa ningunha patrulla da Policía", aseguran os veciños. E, por elo, reclaman máis atención "dos políticos, que agora nos pedirán o voto". Ademais das pintadas, os gamberros romperon uralitas dalgunhas casas, "e agora temos que aguantar que nos entre humidade nas nosas vivendas", sinalan estes afectados.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

1 Comentário:

Xoán S. Pazos disse...

Perdoade que vos contradiga un pouco: a policía si que pasa, pero para exercer a súa represión contra o nacionalismo galego e para tapar as pintadas de "Na Galiza en Galego", etc. Recentemente apareceu no inmoble no que vivo unha pintada deste tipo, e non tardaron nin 12 horas en cubrila.
Para iso, a policía sí que atúa con gran competencia e dilixencia.

Contra o neonazismo non: eses poden ter un partido político e exercer a súa liberdade de espresión.

Asociación Veciñal "Polígono de Vite"

Asociación Veciñal Polígono de Vite

Proxecto "Urbana Santiago norte"

proxecto URBANA SANTIAGO NORTE

Centro socio-cultural "José Saramago"

Centro socio-cultural José Saramago

Estades controlados

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Snap Shots

Get Free Shots from Snap.com

Novas Vitenses © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO