terça-feira, 27 de julho de 2010

Raxoi reservará máis de 2.000 aparcadoiros para vehículos de residentes

Repartiranse en dez barrios con poucos estacionamentos e moita demanda//Empezarán nun prazo de nove meses

Nun prazo de entre nove e doce meses dez barrios de Santiago contarán con zonas de aparcadoiro reservadas para os vehículos dos residentes, tal e como adiantou xa o ano pasado este xornal.

O obxectivo, explicou a concelleira de Tráfico, Marta Álvarez-Santullano, é solucionar o problema que se expón aos veciños destas zonas.

A característica común é que se trata en xeral de construcións antigas que carecen de garaxe, e que, ademais están en áreas "que se ven sometidas diariamente a unha forte presión de aparcadoiro".

Trátase dos barrios máis próximos a infraestruturas como hospitais, dependencias administrativas ou centros de transporte, que atraen a moitos vehículos de fóra da cidade. É o caso de San Caetano e Vite, Santa Marta, San Pedro, Pelamios, Vista Alegre ou San Lourenzo.

Nestes puntos delimitaranse espazos que xa eran aparcadoiros libres, non sometidos á regulación da ORA, e procederase a pintalos e colocar sinais de forma que só poidan estacionar os vehículos dos residentes censados e que teñan ao día os impostos.

A partir do mes de setembro comezarase a informar os veciños dos trámites para poder acceder a unha destas máis de dous mil prazas, a través de campañas nos medios de comunicación e de buzoneo nos barrios afectados pola medida.

Serán de dous tipos, unhas que se poderán utilizar durante as 24 horas do día, que serán máis de dous milleiros, e outras que só estarán reservadas durante a noite, que suman unhas catrocentas máis.

O Concello modificou a ordenanza de tráfico para facilitar a creación destas zonas. Uns espazos que, ademais, se acordaron coas respectivas asociacións de veciños, explicou a concelleira.

A proposta exporase este xoves na comisión informativa de servizos, e posteriormente someterase a votación na xunta de goberno. Trátase dunha primeira fase, que posteriormente se irá ampliando a outros barrios.

Distribución proporcional pensada en función das necesidades de cada unha das zonas

Santiago. Pontepedriña é o primeiro dos barrios que contará con prazas reservadas, 307 en total, que os residentes poderán utilizar durante todo o día. En Vite-Guadalupe, unha zona con escaseza de aparcadoiros, crearanse 460 durante todo o día e 143 máis pola noite. A continuación está San Pedro, onde haberá 328 máis outras 88 libres durante o día e reservadas pola noite. Na Almáciga, os residentes disporán de 384 estacionamentos, e na zona de Ultreia haberá 54 e 52 nocturnas, respectivamente. Polo que se refire ao barrio de Sar, os aparcadoiros serán 102 de 24 horas, e 41 nocturnas. San Lourenzo, afectado pola proximidade do Campus Vida, contará con 53 e 64, e Pelamios, 161 durante día e noite. Por último, en Vista Alegre haberá 152, e en Santa Marta, nas proximidades do hospital Clínico, resevaranse dez nocturnas e 171 durante todo o día. A repartición do número de prazas calculouse en función das posibilidades e das necesidades concretas de cada un dos barrios, explicou a concelleira de Tráfico, e sempre de acordo coas peticións da asociación de veciños correspondente "como exemplo de participación cidadá", destacou Marta Álvarez-Santullano, na súa intervención onte no pazo de Raxoi

Para ler as novas no seu lugar de orixe, preme aquí e aquí

2 Comentários:

Vite on Facebook disse...

Ola! son un veciño que fixo una páxina de fans no Facebook. Poderías facerme publi? Eu puxen a dirección na información da páxina.
Aína agora descubro isto, é xenial.

saúdos!

Novas Vitenses disse...

Prezado compatriota:

Eu facer fágoche a publicidade que queiras, pero sempre e cando poida contar cun enderezo, o que deixaches aquí está errado.

Que saibas que é un pracer para os mantedores desta páxina contar cunha nova persoa que nos siga. Obrigado. Obrigado tamén polo comentario.

Abrazo

P.D: Ademais do Novas Vitenses tamén están á túa disposición o blog: Vite, en boca de tod@s -http://viteenbocadetodos.blogspot.com/- (Este de carallada) e a páxina de Facebook, Vitenses do mundo, unide-vos.

Asociación Veciñal "Polígono de Vite"

Asociación Veciñal Polígono de Vite

Proxecto "Urbana Santiago norte"

proxecto URBANA SANTIAGO NORTE

Centro socio-cultural "José Saramago"

Centro socio-cultural José Saramago

Estades controlados

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Snap Shots

Get Free Shots from Snap.com

Novas Vitenses © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO