quarta-feira, 28 de janeiro de 2009

Obradoiros para levar unha vellez activa e saudábel en Vite

Están dirixidos ás persoas adscritas ao centro de saúde deste barrio que conten entre 55 e 75 anos ·· Neles exercítanse a memoria e a actividade física

O Centro de Saúde de Vite puxo onte en marcha unha nova edición do Programa de Prevención da Dependencia: Envellecimento activo e Saudábel.

Grazas a el, as persoas de entre 55 a 75 anos, adscritas a este centro, poden asistir a actividades tanto teóricas como prácticas. As mesmas consisten en seis módulos temáticos nos que se ensina aos asistentes a, por exemplo, coidarse así mesmo ou a outra persoa, a traballar a memoria, a realizar o exercicio físico adecuado para cada idade ou, entre outras cousas, a relaxarse e non sufrir estrés.

Os obradoiros impártense polas tardes, de catro e media a seis e media da tarde, e de martes a xoves.

Se vostede quere apuntarse a eles saiba que son gratuitos porque están subvencionados pola Xunta. Para máis información, vaia ao Centro de Saúde de Vite polas mañás e pregunte alí pola traballadora social Isabel Redondo.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

1 Comentário:

Xoán S. Pazos disse...

A maioría dos políticos esquecen ás veces a importancia de apoiar a ese enorme setor da sociedade que é a terceira idade. Por iso esta é unha iniciativa que merece o noso aplauso.
Un saudo

Asociación Veciñal "Polígono de Vite"

Asociación Veciñal Polígono de Vite

Proxecto "Urbana Santiago norte"

proxecto URBANA SANTIAGO NORTE

Centro socio-cultural "José Saramago"

Centro socio-cultural José Saramago

Estades controlados

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Snap Shots

Get Free Shots from Snap.com

Novas Vitenses © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO