Protestas en Monte de Dios polo mal funcionamento das tubaxes de abastecemento
Desde o pasado mes de novembro, os veciños de Monte de Dios estiveron sufrindo problemas no abastecemento de auga por mor da rotura de diversas tubaxes de abastecemento de auga. O presidente da Asociación de Veciños Monte de Dios, Alejandro Álvarez, afirmou onte que ditas deficiencias xa foron emendadas, e que as tubaxes que se romperon fóronse repondo aos poucos.
Con todo, un dos veciños da zona continúa queixándose de que hai pouca presión de auga no seu fogar, e achácao ás obras de construción dun miradoiro que se están levando a cabo na zona.
«É posible que o seu problema teña unha natureza distinta á que dei, porque hai outros veciños que se abastecen do mesmo depósito e do mesmo manancial e eles afirman que non teñen problemas coa auga», comentou onte o presidente da asociación. Ao parecer, é posibel que o abastecemento deficiente deste veciño sexa anterior ao comezo das obras do miradoiro.
Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí
Seja o primeiro a comentar
Enviar um comentário