quarta-feira, 14 de janeiro de 2009

Oitenta estranxeiros de dezaseis países aprenden español na Escola de Idiomas

O centro inicia os ensinos co nivel básico e atende alumnado con competencias moi dispares

O ensino de español para estranxeiros, que comezou este curso na Escola Oficial de Idiomas, desbordou as expectativas do centro. Inicialmente apuntáronse poucos, unha vintena, polo que a Consellería de Educación outorgou unha única docente a media xornada para atenderlles, e iso favoreceu a incorporación de Guada Díaz. Pero progresivamente incrementouse a demanda, ata 80, e para poder atender a todos tivo que apuntarse unha profesora de inglés con experiencia nesa materia, María Dolores Gómez.

Alumnado de Corea do Sur, China , Italia, Grecia, Polonia, Alemaña, Estados Unidos, Ucraína, Usbequistán, Tadxiquistán, Portugal, Brasil, República Checa, Gales, Tánxer e Iraq comparte clases, cunha competencia moi diferente. As idades son tamén moi desiguais, pois hai desde mozas de 16 anos a persoas xubiladas. E respecto de ocupacións, desde universitarios a traballadores en variadas profesións.

As dúas docentes destacan casos como o dun dos discentes que reside fai dúas décadas en Santiago, onde tivo fillos, fala bastante ben, pero comezou sen idea de escribir. Ou doutro que reside fai un lustro na cidade e non era capaz de construír unha frase elemental para comunicarse.

Guada Díaz ensinou antes español nun instituto, e asegura que non ten nada que ver: o estudiantado estranxeiro presenta unha maior motivación nas clases e, sobre todo, expresa necesidade de aprender, moitos deles para poder empregarse ou mellorar. Iso propicia que progresen moi rápido, que dediquen horas ao estudo no seu domicilio, a maiores das cinco semanais que lles ofrece a Escola Oficial, afirma María Dolores Gómez. Ambas as docentes consideran que en Compostela hai moita máis poboación estranxeira que precisaría este ensino e están convencidas de que ten futuro esta oferta educativa.

Aínda que «terá que ser noutro edificio, porque aquí non cabemos», explica a directora, Esperanza Moreiras.

Todos fan adiantos, e é probable que superen o nivel básico, o único implantado neste curso inicial. Outros estranxeiros acudiron interesados nun nivel máis elevado, sobre todo de escritura, pero terán que esperar. As clases serven tamén para establecer relacións e para gozar dun ambiente moi agradable pola riqueza intercultural e a diversidade que se goza nelas.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Seja o primeiro a comentar

Asociación Veciñal "Polígono de Vite"

Asociación Veciñal Polígono de Vite

Proxecto "Urbana Santiago norte"

proxecto URBANA SANTIAGO NORTE

Centro socio-cultural "José Saramago"

Centro socio-cultural José Saramago

Estades controlados

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Snap Shots

Get Free Shots from Snap.com

Novas Vitenses © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO