domingo, 23 de agosto de 2009

Os barrios quedan sen servizos

Abundan os locais baleiros en varias áreas da cidade e non existe un proxecto de incentivos para a creación de comercio fose do centro histórico ou da zona centro

O período de crecemento sostido experimentado pola economía galega e máis particularmente polo sector da construción nestes últimos anos favoreceu á expansión da cidade, orixinando novas zonas e áreas residenciais infestadas de baixos e locais comerciais baleiros. Isto provocou que a falta de servizos sexa un feito palpábel ao que se enfrontan os veciños e veciñas dos barrios da cidade de Santiago.

Zonas como a de Santa Marta, Conxo, Vite, San Lourenzo ou Vista Alegre están desprovistas de comercios ou negocios que proporcionen aos seus veciños os servizos de primeira necesidade, o que provoca que teñan que desprazarse a outras zonas como a zona vella, o Ensanche ou as grandes superficies comerciais para realizar as súas compras diarias. En moitos destes barrios a situación non é nova e os seus veciños máis veteranos considérana de absoluta normalidade. María de la Concepción e Mercedes, dúas veciñas e amas de casa do barrio de Vite, aseguran desprazarse varias veces á semana ao centro da cidade para realizar as compras. «Aquí nunca houbo moita actividade e vos poucos comercios que abrían, ao intre pechaban pola falta de clientela». E é que moitos composteláns asumiron como normal a situación de deterioración do pequeno comercio local, tendo que desprazarse á zona centro ou ás grandes superficies para realizar as súas compras de diario.

Luís Matos, presidente da asociación de veciños Doutor Maceira de Conxo, asegura que nos últimos meses tiveron que baixar a persiana ao redor de seis negocios do barrio. «A crise está a desanimar aos comerciantes a abrir novos comercios na zona». A avenida de Ferrol, situada no barrio de Conxo, preséntase como unha das rúas de nova creación con máis locais baleiros de toda a cidade. A xente identifica a crise como a causa principal, pero, e se non é a única causa?, e se é certo que os composteláns prefiren os centros comerciais para realizar as súas compras? Luís Matos apunta á pixota que se morde a cola. «Non existen comercios nos barrios e os veciños acoden ás grandes superficies. O problema está en que cando un valente decide abrir un negocio, moita xente está xa afeita ao outro e non é doado mudar de hábitos».

Para romper con esta situación, o representante dos veciños desta zona do sur de Santiago asegura que están intentando coordinar a creación dunha asociación de comerciantes «que contribúa á posta en valor do barrio».

Yolanda Mallo é veciña de Conxo e asegura que se despraza a outros barrios á hora de facer a compra. «Hai demasiados bares mentres que faltan comercios doutro tipo». Alberto Varela, veciño de Vista Alegre e encargado da ferraxería Ferrva-Herrajes non está de acordo e afirma que «os grandes negocios péchanse nos bares», aludindo ao dereito ao bar. Segundo el, un dos grandes problemas do comercio de barrio reside na escaseza de prazas de aparcadoiro. O mesmo opina o seu veciño do Mesón do Pulpo, que ademais asegura perder a clientela fixa do menú do día nos últimos tempos. Cerca, outro santiagués reflexiona: se pechan o comercios e non abren outros, os barrios quedarán sen servizos perderase o faladoiro de carnizaría «porque a El Corte Inglés non se vai a falar. Vaise a comprar e en coche».

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

sexta-feira, 31 de julho de 2009

En Vite teñen que andar "a labazadas" cos bichos

Os veciños de Vite, especialmente os que residen na Avenida de Castelao, están fartos "de ver como as pólas das árbores entran polas fiestras de casa". E é que segundo algúns afectados "non podemos ventilar as vivendas. Temos que telo todo pechado porque entran bichos. Pasámonos a noite a labazadas con eles". Unha señora conta ademais que "son alérgica a estes animaliños e xa levo oito días a tratamento médico". Por todos estes motivos, os veciños piden ao Concello "que veñan a podar estas árbores". Engaden que "soltan un líquido apegañento".

Desde Raxoi, a edil de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, explica que "si se podaron, pero este ano os tilos creceron máis que nunca polas choivas". E polo auga que caeu "enfermaron. Teñen fumagina", explica. "Son fungos que traen cochinillas e pulgóns e que producen un líquido azucrado. Estámoslle dando un tratamento ás árbores, e están respondendo". De todos os xeitos, "se molesta algunha póla, que nos avisen", conclúe.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

quarta-feira, 29 de julho de 2009

'Lavaráselle a cara' ao Auditorio con nova cuberta e acesos

O teito plano de cobre está deteriorado polo efecto das gaivotas ·· Tamén se reformará o aparcamento, de acordo co Plan Director

A pesar de que fai só vinte anos que se levantou, o Auditorio de Galicia conta con algúns desperfectos provocados, entre outras razóns, pola presenza de gaivotas sobre as súas cubertas. As planchas de cobre que cobren a sala Ángel Brage están deterioradas e con risco de producir filtracións de auga, polo que a súa renovación é unha das actuacións prioritarias que contempla o Plan Director do edificio. A xunta de goberno municipal acordou onte sacar a concurso a obra de renovación da cuberta, cun orzamento de 121.593 euros e un prazo de execución de dous meses.

Outra das actuacións programadas para os próximos meses no Auditorio é a reforma do aparcamento subterráneo e os seus acesos, unha actuación que, cun orzamento de 258.620 euros, deberá estar completada en noventa días.

O goberno local tamén lle deu o visto bo onte ao proxecto e o inicio do expediente de contratación da reurbanización de Rosalía de Castro, desde a rotonda de enlace con Romeu Donallo até o periférico. O tipo de licitación neste caso ascende a 3,4 millóns de euros e súmase ás actuacións en Vista Alegre e a Avenida de Castelao, que se iniciarán nos próximos meses.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

sexta-feira, 24 de julho de 2009

O barrio de Vite recupera unha das nosas mellores vistas


Natureza • A rexeneración do Monte de Deus mellora as zonas verdes do barrio

SABÍAS QUE DESDE o máis alto do barrio de Vite podes desfrutar dunha das vistas panorámicas máis privilexiadas da nosa cidade, chegando a divisar até o concello de A Estrada? Se a resposta é que non, probabelmente é porque aínda non coñezas o Monte de Deus, un espazo natural recentemente recuperado, polo que esta mesma semana fixemos un pequeno percorrido.

Trátase dunha zona na que, como nos comenta o xefe do servizo de Parques e Xardíns do Concello, José Antonio Mosquera, “os veciños pedían desde hai anos que se recuperase, porque querían poder desfrutar dela e facer actos sociais ao aire libre".

Vistas privilexiadas
É por iso polo que se melloraron agora os acesos que permiten subir a pé comodamente e desfrutar moito mellor das vistas “porque cunha simple visual pódese ver toda a cidade e incluso outras zonas próximas, como Rois ou A Estrada”, explícanos Mosquera.

Puidemos comprobalo no alto do miradoiro, onde se colocou unha inmensa fotografía panorámica de tres metros de longo que indica os nomes de cada lugar que desde alí podemos divisar.

Vexetación autóctona
Para a recuperación do Monte de Deus tívose moi en conta tamén a vexetación da zona, xa que se repoboou con especies autóctonas, "plantando loureiros, acevos e bidueiros”, apunta o xefe do servizo de Parques e Xardíns.

Pero o cambio de ‘look’ do monte parece que non terminará aquí. E é que, como nos explican no departamento que dirixe a edil Elvira Cienfuegos, con todas estas actuacións acabouse a primeira fase da recuperación deste ámbito, que se completará actuando sobre a parte máis alta do monte, onde “faremos un tratamento un pouco distinto”, din.

Un lago con especies propias
E é que alí está previsto eliminar a maioría das coníferas e crear un pequeno lago con especies acuáticas, que, segundo as previsións, podería estar listo para todos os composteláns a primavera próxima. Polo momento, e unha vez acabada xa esta primeira fase, neste primeiro mes foron moitos os veciños que xa fixeron uso deste novo espazo natural, pero desde Parques e Xardíns animan a que sexan máis os que se acerquen, “e os Fogos do Apóstolo vense aquí como en ningún lado”, explican.
  • Até alí chega a liña 5 do urbano
Aínda que moitos composteláns o descoñezan chegar até o Monte de Deus é moi sinxelo. A liña 5 do autobús urbano ten unha parada próxima á ladeira do monte e tamén podes ir a pé ou en coche. No barrio de Vite, tras a Escola de Idiomas e subindo pola rúa Vite de Arriba encontrarás o Monte.
  • A denuncia desestimouse
Fai unhas semanas, Santiagosiete entrevistaba a unha traballadora do servizo de Parques e Xardíns que dicía sufrir acoso laboral. Finalmente, unha vez celebrado o xuízo a sentenza do Contencioso Administrativo desestimou a denuncia. A traballadora di que recurrirá.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

quinta-feira, 23 de julho de 2009

A intensa chuvia provoca incidentes sen relevancia en Compostela e comarcas próximas

A grande cantidade de chuvia rexistrada onte en Santiago e comarcas próximas, así como o vento, provocaron varios incidentes. En Santiago, os bombeiros dixeron que tiveron que retirar da calzada unhas tellas caídas na Avenida de Castelao. Ademais, na praza de España tívose que cortar a póla dunha árbore a punto de caer, e no polígono do Tambre e San Lázaro foi necesario levantar sumidoiros polo exceso de auga. En Teo, ademais, houbo que sanear algunhas vivendas, e en Padrón taláronse algunhas pólas que poderían caer á estrada.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Perto de 40 empresas optan a reformar a avenida Castelao [...]

A obra, que comezará a partir de setembro, saiu a licitación por 3,2 millóns

Perto de corenta empresas optan a executar o proxecto de reforma da Avenida de Castelao, a primeira das catro actuacións do plano de travesías que saiu a licitación. Trátase dun número elevado de aspirantes, un factor no que máis que seguro que ten que ver a crise do sector, pero tamén o importe da actuación, orzamentada en 3,2 millóns de euros. De feito, o promedio en Galicia para a licitación de obra pública en proxectos que alcanzan ou superan os dous millóns acostuma concitar unha trintena de ofertas, segundo o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama.

O prazo de presentación de plicas concluiu o pasado sábado, e agora aínda hai que reunir á mesa de contratación para iniciar o proceso de apertura das ofertas para a súa posterior avaliación por parte dos técnicos municipais. A selección resolverase en agosto e as obras comezarían en setembro, ao tempo practicamente que a reforma de Galeras e a rúa Vista Alegre, desde o cruce do Pombal até a confluencia precisamente coa Avenida de Castelao.

A contratación dos traballos para a reforma deste último vial está tamén en proceso de licitación agora mesmo. Neste caso, a inversión alcanzará os cinco millóns de euros, salvo que as ofertas rebaixen esa cantidade. Será a actuación máis custosa do plano de travesías, que cofinanciarán a Xunta e o Concello con 14 millóns de euros. A Administración autonómica aportará dez, e o resto, a municipal.

Este paquete de reformas viarias alcanzará tamén ao vial de Santa Comba, desde o cruce da Avenida de Castelao até a ponte do Romaño, aínda que esa será unha actuación que non terá encaixe xa este ano, ao igual que a remodelación da saída cara Pontevedra, entre o cruce de Rosalía de Castro e a rotonda da Rocha. Neste caso optouse claramente por evitar calquera intervención no vial mentres non conclúa a construción do túnel da Galuresa, para non entorpecer uns metros máis arriba as comunicacións da saída e entrada sur da cidade.

O plano de travesías completarase cunha obra de moita menor entidade, e por tanto tamén en cuantía. Trátase da mellora da urbanización da avenida do Camiño Francés, que precisa neste caso menos atención que as outras.

[...]

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

quarta-feira, 15 de julho de 2009

'Mulleres en plural' pódese visitar no Auditorio de Galicia

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

quinta-feira, 18 de junho de 2009

Un verquido tinxe de vermello o lago do Auditorio

Cienfuegos confirmou que se trata dun óxido de ferro procedente dunha empresa xa identificada

Un verquido de cor vermella dunha substancia descoñecida no regato que atravesa Pelamios causou onte unha grande alarma entre os composteláns. Este rotativo recibiu numerosas chamadas de veciños moi alertados pola cor vermella intensa da auga deste regato, que ademais é co que se abastece o lago do Auditorio de Galicia, que tamén se veu afectado pola fuga. Testemuñas indicaron que os efectos do verquido comezaron a ser visíbeis sobre as 15.30 horas á altura da Ponte Mantible, detras do Xelmírez II. Os veciños avisaron á Garda Civil, aínda que finalmente foi a Policía Autonómica a que tomou mostras e realizou fotos. A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, acudiu ao lugar e indicou que as análises realizadas polos técnicos confirmaron "que o verquido non é tóxico, pero que dependendo da cantidade podería afectar fisicamente a algún animal. Sabemos que se trata dun óxido de ferro (usado en construción), cun poder de coloración do 95%, polo que o vermello da auga é chamativo". Tamén asegurou que non houbo alteracións do PH na auga, e que se abrirá un expediente informativo á empresa responsábel do verquido, que está identificada.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

terça-feira, 16 de junho de 2009

En Vite reclaman un pediatra máis para o centro de saúde

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Queixa dos veciños de Vite pola falta de pediatra no ambulatorio

Nais e pais encontráronse onte sen este servizo, ao estar a única especialista do centro de vacacións ·· Reclaman ao menos outro médico, xa que o cupo é de 1.300 nenos ·· "Dixéronme que o leve ao de cabeceira"

"Levo unha semana pedindo cita co pediatra, e cando por fin ma dan encóntrome con que non está a doutora porque está de vacacións e non hai substituto", denunciou onte, ante as cámaras de TVG, unha nai, tras acudir ao seu centro de saúde de Vite. A estas críticas uníronse as doutros pais que se queixan de que "só hai un médico infantil para un cupo de 1.300 nenos, e cando se vai a que tenemos, como agora, para desfrutar duns días ou se está de baixa, non se cubre a súa praza con ouro facultativo".

Outra das voces de protesta proviu dunha nai que asegurou que "en vacacións de verán, un mes, non hai un substituto". Así, os pais e nais que levan aos seus fillos ao centro de saúde de Vite pregúntanse a onde teñen que acudir cando os seus fillos están mal e non está a pediatra.

En resposta a isto, outra das denunciantes censurou que "cando lles dixen que o meu fillo estaba mal, no ambulatorio dixeronme que o levase ao meu médico de cabeceira. Incríbel".

Ademais destas denuncias, os afectados sinalan que "cando antes pedías unha cita para o pediatra dábancha para o día seguinte. Agora tardan dous ou tres días en darcha".

Ante esta situación, este xornal púxose en contacto con Sanidade para obter unha resposta ás queixas. Porén, fontes da Consellaría sinalaron que "agora non temos a quen preguntar sobre este tema porque estamos pendentes do nomeamento do novo xerente de Atención Primaria, que non tomou posesión do seu cargo aínda, e a que nestes momentos está en funcións".

O cambio de xerente de Primaria fíxose público o pasado xoves, cando Sanidade anunciou que o novo responsábel en Santiago será o doutor Javier Ventosa Rial, en substitución de Ana Castaño Carou.

Para ler a nova no seu formato orixinal, prema aquí

sábado, 13 de junho de 2009

Os gatos expulsan aos nenos do patio da gardería de Vite

Os bebés non poderán desfrutar da zona exterior de xogos até que se desinfecte e desparasite ·· Os pais dos alumnos levan meses reclamando inutilmente que se tomen medidas para solucionar a situación ·· O luns anúnciase o paso do laceiro municipal


A situación que denuncian pais da escola infantil de Vite plantexa dous problemas. O primeiro deles é que os nenos máis pequenos non poden desfrutar das instalacións situadas no patio, porque é necesario desinfectala e desparasitala.

Ao parecer, desde hai meses gatos da rúa utilizan este espazo para transitar e facer as súas necesidades e, ao tratarse de menores, existe un protocolo de hixiene que vai máis aló da simple limpeza, para evitar calquer posíbel enfermedade.

O segundo problema é que este labor parece estar sometido ás inflexíbeis leis da burocracia. É dicir, que as autoridades pertinentes necesitan que se cumpran toda unha serie de trámites para levar a cabo a faena, e o retraso está saturando xa a paciencia dos proxenitores.

Segundo relataron a este periódico, esixiuselles a presentación dun informe sobre a situación acompañado de fotos dos susoditos felinos, para tomar cartas no asunto. Algo sumamente difícil, porque os gatos non parecían dispostos a pousar voluntariamente.

A titularidade da escola infantil de Vite corresponde á administración autonómica, xunto coa de Santa Susana. O próximo curso incorporaranse tamén dependentes da Xunta, as de San Roque e o polígono industrial do Tambre.

Ademais, están as dependentes do Concello en Conxo, Fontiñas e o parque de Trasparlamento, e proxéctase outra máis no barrio de Salgueiriños.

O Concello de Santiago tamén foi requerido para tratar de solucionar o problema. O concelleiro delegado de Sanidade, Andrés Fariña, sinalou a este xornal que xa se enviou unha vez ao laceiro do refuxio de Bando, e que este luns volverase a pasar pola zona.

Control da poboación

De todas as formas, o concelleiro sinalou que el mesmo pasara polo centro na tarde de onte, e que efectivamente contemplara a un gato paseando polo patio do centro, polo que a próxima semana enviarase tamén ao inspector sanitario do Concello para que analice a situación.

O problema da presenza de gatos afecta sobre todo aos máis pequenos polas posibilidades de que poidan contaxiarlles algún tipo de enfermedade, pero tamén pode causar problemas a calquera outro adulto, xa que, por tratarse de exemplares asilvestrados, non recibiron nunca ningún tipo de vacina.

Por elo, Fariña sinalou que na reunión do patronato do refuxio de animais de Bando aprobouse esta mesma semana un plano para controlar as colonias de gatos da rúa que se detectaron en diferentes zonas da cidade, co fin de desparasitalos e esterilizalos para evitar un crecemento excesivo e a transmisión de enfermedades á poboación.

Mentres tanto, e co termómetro subindo varios graos, os máis pequenos seguen sen poder desfrutar dunhas instalacións con mobiliario recentemente colocado, á espera de que as administracións competentes decidan tomar medidas para tratar de solucionar os problemas hixiénicos que existen na zona recreativa exterior do centro educativo.
  • Traslación
Pasar por tres consellerías diferentes

A historia das escolas infantís de titularidade autonómica nos últimos anos é a dun traslado constante cuxo último episodio asinouse aínda esta semana. Da Consellaría de Educación pasou a depender durante o goberno bipartito da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, onde foron bautizadas como Galescolas. Tras as pasadas eleccións, a remodelación do goberno autonómico deu lugar a que estes centros xunto con outros servizos pasasen a depender da Consellaría de Traballo e Benestar Social. Finalmente esta mesma semana o Consello da Xunta acordou que, ao ser centros educativos, volvesen a formar parte da Consellaría de Educación.
  • As claves
Sen comentarios desde o centro

Este xornal púxose en contacto coa escola infantil de Vite para coñecer a opinión dos seus responsábeis, pero desde o centro sinalousenos que non podían facilitar ningún tipo de información sobre a situación, e remitiusenos directamente a Igualdade, responsábeis até esta semana das escolas infantís, para que se nos dese a versión oficial.

Servizo de recollida durante todo o día

O refuxio de Bando, dependente do Concello, dispón dun servizo permanente de laceiro para a recollida de animais abandonados. De feito, nas instalacións unha das naves está destinada en exclusiva á custodia dos gatos que son recollidos en plena rúa, para a súa atención e a súa posterior entrega en adopción.

Pendentes da resposta oficial

Desde a Consellaría de Traballo, que é quen asumiu a responsabilidade destes centros tras a supresión da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, informousenos onte venres que se van realizar as oportunas consultas e que o luns se dará resposta ás medidas que se están adoptando para tratar de solucionar o problema de Vite.

O problema de encontrar alimento

En toda a cidade é habitual que moitos veciños, sobre todo das zonas periféricas, boten alimentos aos gatos da rúa. O animais acostuman tamén buscar os puntos nos que encontrar restos de comida, tanto nos contedores como na proximidade dos comedores como o que ten o centro escolar

A nova está tirada de aquí

quinta-feira, 11 de junho de 2009

A reurbanización da travesía de Vista Alegre, en Santiago, comeza no verán

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

quinta-feira, 21 de maio de 2009

Botellón ás oito no Auditorio

A noite de onte foi unha intensa xornada para os botellóns e a movida. De feito, a festa comezou cedo para moitos. Xa ás oito da tarde podíase ver un gran botellón ao lado do Auditorio de Galicia, unha zona na que está prohibido.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

terça-feira, 12 de maio de 2009

A actriz Mela Casal protagoniza un espectáculo de animación á lectura no Centro Social de Vite

A actriz Mela Casal, protagonista de moitas series de televisión e cofundadora da compañía Pífano Teatro xunto a Gloria Ferreiro, ofrecerá mañán, ás 18.30 horas, no Centro Sociocultural de Vite, un espectáculo titulado Ventos, no marco do programa de animación á lectura Letras Vivas, organizado poa Concellaría de Educación. A entrada é gratuíta.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

segunda-feira, 11 de maio de 2009

'Zeca' Afonso xa ten parque, 37 años despois de actuar en Compostela

O alcalde presidiu a inauguración fronte ao Auditorio ·· Ao acto asistiu a viúva do cantautor portugués

O malogrado cantautor portugués José Zeca Afonso recibiu onte unha sentida homenaxe en Santiago coa inauguración dun parque fronte ao Auditorio de Galicia, e nas proximidades do Burgo das Nacións, onde ofreceu un recital fai agora trinta e sete anos, e onde interpretou por primeira vez a canción Grándola.

O alcalde presidiu o acto, en que xunto a amigos e admiradores de Zeca tamén estivo presente a súa viúva, Zélia, coa que descubriu unha placa conmemorativa. Previamente tivo lugar a proxección no Auditorio do vídeo Na abertura do horizonte sobre a traxectoria do artista luso, producido pola Companhia de Dança de Lisboa.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Santiago recorda a José Afonso dando o seu nome a un parque

Un emotivo acto ao que asistiu a súa viúva reuniu a amigos e seguidores no Burgo

Xustamente 37 anos logo daquel concerto que dese en Santiago e no que por primeira vez cantase en público o seu Grándola, Vila Morena , José Zeca Afonso converteuse onte no protagonista absoluto da inauguración do pequeno parque da avenida do Burgo que leva o seu nome. Amigos e seguidores o cantautor portugués déronse cita, xunto coa súa viúva, Zelia Afonso, para homenaxealo nunha emotiva xornada que comezou coa proxección dun vídeo no Auditorio producido pola Compañía de Dança de Lisboa.

O acto principal trasladouse máis tarde ás portas mesmas do parque que en diante recordará a José Afonso como un «veciño ilustre de Santiago», segundo Juan Guitián, introductor da homenaxe e un dos promotores da iniciativa para que o Concello dedicase un espazo público a Zeca, unha iniciativa formulada fai tres anos e apoiada polas firmas de tres mil persoas «dúas cinco continentes, que coincidiron connosco en que Santiago conserve cun recanto coma este ou nome de José Afonso».

Con Guitián impulsaron tamén esa petición ao Concello Arturo Reguera e Benedito García, promotor daquel primeiro concerto de Zeca en Santiago e a quen puido a emoción cando o primeiro lle agradeceu o seu «sensibilidade» para que «ou coñecésemos tamén todos nós», con ocasión dunha actuación da que «todos saímos máis ceibes e solidarios».

O compromiso de José Afonso coas liberdades e os máis desfavorecidos foron as características máis destacadas por Guitián de «ese gran amigo de Galicia» ao que non lle quedaron dúbidas sobre se a este lado da fronteira entenderíaselle ben, segundo Arturo Reguera. «Non ou tinga claro ao principio, pero cando rematou aquel concerto sabía que non era necesario traducir nada, que se lle entendía perfectamente neste país».

A homenaxe fíxose coincidir coa mesma data daquela actuación no Burgo, outro 10 de maio, entón o de 1972, en que estreou a canción que dous anos despois, «e sen o sabelo, sería ou símbolo dá revolución do 25 de abril que derrubou a ditadura» en Portugal, recordou Guitián. E a localización do parque, a escasos cen metros de onde Zeca presentouse por primeira vez en Santiago, tampouco foi casual. «Tingamos claro que tinga que ser nesta zona», e a ocasión brindouna a incorporación ao patrimonio público de parte da que fose Leira de Lois, segundo o alcalde. De feito, o parque é unha pequena carballeira daquela leira, que a súa viúva percorreu ao termo dun acto que se pechou co canto de Grándola . Zelia Afonso viviu un «momento noi emocionante, porque representa todo ou esforzo de traxectoria dá vida destes amigos alongados e aquí representados polas persoas que deron vida a este acto».

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

domingo, 3 de maio de 2009

«Utilizo o autobús aínda que teña coche porque nel podo ir sen problemas a calquera parte»

Luís Carnoto García | Usuario do transporte público
A Luís Carnoto García gústalle moito andar e tamén ten un vehículo propio. Isto non significa que non colla nunca un autobús, senón que é un dos usuarios habituais do transporte público compostelán. Utiliza o bus para desprazarse desde o norte da cidade ata o centro, pero tamén a outros lugares de Compostela.

«Utilizo o autobús aínda que teña coche porque nel podo ir sen problemas a calquera parte», explica. Así, as rutas non son un problema e as paradas tampouco. «O transporte público de Santiago está moi ben se o comparo co doutras cidades nas que estiven», argumenta.

As paradas tampouco son un problema, «son suficientes» e aínda que utiliza maioritariamente a liña 5, que une o barrio de Vite co centro da cidade, opina que case todas teñen marquesiña.

O prezo do billete de autobús, que na actualidade rolda os 90 céntimos tampouco lle parece excesivo «en comparación co que hai por aí», afirma, «ao contrario, está moi ben». Claro que esta cantidade de diñeiro non sae do seu peto cada vez que colle o autobús e é que Luís Carnoto está xubilado e por iso o Concello da cidade outorgoulle, por un prezo de seis euros, un cartón coa que pode viaxar gratis sempre que lle apeteza.

Se queres ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

«Teño que levar o lixo no coche para reciclar»

María Ester Moure e Sara Rodríguez | Veciñas de Vite e do Ensanche

Desde fai xa moitos anos, separar os distintos tipos de residuos á hora de tiralos ao lixo é unha tarefa cotiá na vida de María Ester Moure Asorey, para quen a reciclaxe é, sen ningún tipo de dúbida, un importante labor.

Esta compostelá vive na rúa Alexandre Bóveda (Vite) na que o Concello non colocou distintos recolectores de lixo para poder separar os distintos tipos de desfeitos. «Teño que levar o lixo no coche para poder reciclar», afirma e explica que debe cargar as distintas bolsas ata algún lugar no que haxa o colector azul para o papel, o amarelo para os plásticos e o colector do cristal.

Separar os distintos tipos de lixos non supón ningunha molestia. «Só hai que ter distintas bolsas e fixarche no que botas en cada unha de elas» conta.

Saber que hai que botar a cada colector tampouco é un inconveniente para Ester Moure. «Separo sen ningún problema papel, plástico, residuos orgánicos e cristal; non teño ningún problema con ela». E é que, segundo afirma, o único obstáculo para que a xente poida reciclar de xeito normal na cidade, é que non todas as rúas dispoñen dos medios necesarios para iso, o que supón unha verdadeira molestia.

Sara Rodríguez, que vive no Ensanche, sorrí cando se lle pregunta se recicla ao pé dun colector verde. Prefire non saír na foto, o que fai sospeitar que non cumpre a raja tabla os mandamentos da reciclaxe, pero se explica: «Pois non, só o fago co papel, cos xornais e todo iso, porque admito que se se tira co resto do lixo estrágase e xa non vale para reciclar». Pero o resto dos refugallos do seu fogar van parar á mesma bolsa. «Non o separan despois en Sogama? Pois entón...», di convencida.

E pon máis argumentos encima da mesa: «Se quere suba á miña casa e vexa o tamaño da miña cociña, aí si que lle deixo sacar unha foto. Non teño espazo para catro bolsas», di. E acaba: «Os novos edificios deberían pensar máis nestas cousas e ter espazos comúns para botar o lixo».

Se queres ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

quarta-feira, 29 de abril de 2009

Concertos didácticos da soprano galega Laura Alonso

O Auditorio de Galicia acollerá hoxe o segundo dos concertos didácticos da soprano galega Laura Alonso, acompañada por Raquel e MªLuz Rivera ao violín e piano, respectivamente. Os escolares desfrutaron onte dun repertorio variado e ameno, especialmente pensado para fomentar a súa afección á música clásica. Hoxe a actuación será ás once da mañán.

Se queres ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Concerto de Laura Alonso a prol da loita contra o cancro

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

terça-feira, 28 de abril de 2009

Adxudicados novos proxectos do Fondo de Investimento Local

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

sábado, 25 de abril de 2009

Compostela Máxica despídese no Auditorio cunha gala internacional

A cita congregará a grandes nomes do ilusionismo ·· Os nenos del Clínico e os alumnos da Barcia e do Colexio de Xordos desfrutaron de divertidos 'shows'
Ao grito de abracadabra os nenos e nenas ingresados no Clínico pasarono onte en grande cos divertidos números de maxia e ilusionismo do Mago Norberto e de Kayto, que ofreceron grandes doses de ilusión entre os doentes do centro.

Números con cordas, aros, cartas e moedas, así como aparicións e desaparicións de diversos obxectos, fixeron as delicias do público, que aplaudiu calurosamente este show enmarcado no programa Compostela Máxica, e que tamén incluiu citas no Colexio de Educación Especial A Barcia, onde actuaron Cayetano Lledó e Mark Miltton, e no Colexio Rexional de Xordos, onde os magos Cali e Myster Yurgen protagonizaron unha maxistral actuación.

O programa chegará hoxe á súa fin cunha Gala Internacional, que dará comezo ás 21.00 horas, no Auditorio, e na que se darán cita o mellor do panorama actual como a alemá Roxanne, Mike Caveney, o dúo Junge Junge, formado polos irmáns Gernot e Wolfram Bohenberger; Román García, Mark Kalin & Jinger e a venezolana Tina Lenert, unha das mulleres máis famosas do mundo da maxia, que chega a España procedente de Estados Unidos.

A gala estará conducida polo portugués Luis de Matos, que ofrecerá un sorprendente espectáculo de proximidade titulado Close Up, no que o artista chega a manter unha relación cercana e íntima co seu público.

Entre os nomes galegos destaca a presenza de Román García, especializado en cartomaxia e un dos nomes máis significativos de España, que presentará Nanomaxias.
  • O DATO
Venda de entradas

As entradas para a Gala Internacional de Maxia, coas que finalizan os espectáculos de Compostela Máxica, poden adquirirse ao prezo de 8 euros na billetería do Auditorio de Galicia.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Festa multilingüe en Filoloxía

Centos de universitarios celebraron onte o seu acto de licenciatura cunha solemne cerimonia presidida pola vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo - Membros da comunidade docente compostelá apadriñaron as distintas especialidades da nova promoción
A Facultade de Filoloxía convirteuse onte nunha festa multilingüe grazas á cerimonia de licenciatura da última promoción, que congregou a alumnos, profesores e familiares no centro do Campus Norte, e que estivo presidida pola vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo.

O solemne acto contou coa intervención dunha representación dos alumnos, quen recordaron momentos chaves do seu paso pola facultade e algunhas anécdotas, e dos padriños de promoción das distintas especialidades, ademais do decano do centro, Ernesto González.

Así, María José Domínguez Vázquez interveu na cerimonia en calidade de madriña da promoción de Filoloxía Alemá, mentres que Helena de Carlos e José Carracedo fixeron o propio por Filoloxía Clásica.

María Luz Casal e Carlos Valcárcel compartiron a honra de apadriñar á promoción de Filoloxía Románica, mentres que a especialidade de Filoloxía Galega estivo representada por Xosé Manuel Salgado.

Pola súa parte, o profesor Luis Iglesias Feijóo apadriñou a especialidade de Hispánicas, e Patricia Fra e Manuel Míguez a promoción de Filoloxía Inglesa.

A entrega de diplomas puxo o broche de ouro tras a actuación musical a cargo do Grupo Instrumental Siglo XX.

[...]

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

As primeiras obras do plano de travesías, a concurso xa en xuño

A Avenida de Castelao e Vista Alegre-Pombal xa teñen proxecto

A Avenida de Castelao e o tramo de Vista Alegre-Salvadas-Galeras-Pombal serán previsibelemente as primeiras obras del plan de travesías en iniciarse. O alcalde anunciou onte que os técnicos municipais xa están supervisando os dous proxectos co obxectivo de sacalos a licitación no mes de xuño ou incluso antes. Estas dúas obras supoñen unha inversión de 9,5 millóns de euros e afectan a algo máis de tres quilómetros.

Despois destas dúas primeiras obras iranse pondo en marcha as restantes que forman parte do plano de travesías: o tramo que vai desde o cruce coa Avenida de Castelao até a ponte do Romaño e o tramo de Fonte dos Cuncheiros-rúa das Fontiñas-rúa do Valiño. Quedará pendente de execución, mentres non terminen as obras do túnel do Hórreo, a reforma de Rosalía de Castro desde Romero Donallo a Volta do Castro, que afecta a Santa Marta e á Choupana.

As actuacións previstas inclúen unha nova pavimentación, arranxo das beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas e a dotación dun novo mobiliario urbano. O modelo estético nestas travesías será semellante ao que se utilizou para a rúa Mestre Mateo.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

A mellora da travesía de Galeras e da avenida Castelao licitarase en xuño por nove millóns

O Concello afrontará este ano a mellora dos dous primeiros viarios incluídos no plan de travesías conveniado coa Xunta e que implicará a reurbanización da entrada á cidade pola estrada de Santa Comba (desde o Romaño ata o Pombal), a de Pontevedra (entre Romero Donallo e a rotonda da Rocha), a Avenida de Castelao e a avenida de Fontiñas.

As primeiras sobre as que se actuará serán Avenida de Castelao e o tramo da entrada por Santa Comba que se prolonga desde o cruzamento con Avenida de Castelao ata o Pombal. O Concello xa recibiu os proxectos e agora mesmo estanos revisando os técnicos municipais. A intención do Concello é, salvo que haxa que facer modificacións que atrasen este calendario, licitar as obras de ambas xa en xuño. En total suporán a reurbanización de 3,5 quilómetros e un investimento de 9 millóns de euros, aos que se sumarán máis adiante os 3 millóns en que se estima o custo da remodelación do viario desde a Avenida de Castelao ao Romaño.

A avenida de Fontiñas será a intervención máis pequena. Practicamente só se actuará sobre as beirarrúas e algúns detalles. De maior calado será a da travesía da estrada de Pontevedra, entre Romero Donallo e A Rocha. Esta será a última, pois se quere evitar a súa coincidencia coas obras do Hórreo. O Concello xa asume que a situación do tráfico na cidade será complexa coa actuación na avenida de Lugo, as intervencións viarias do Fondo Estatal de Investimento Local e a mellora das demais travesías, como para afrontar tamén agora a de Santa Marta.

O investimento programado para os viarios deste plan coa Xunta alcanza os 14 millóns, (San Caetano porá 10 e Raxoi, 4), aínda que é previsible que finalmente os supere, pero o Concello conta con que as baixas das ofertas compensen ese incremento.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

quarta-feira, 15 de abril de 2009

Veciños de Vite quéixanse da lama que invade a súa rúa

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

domingo, 12 de abril de 2009

Encontro de Capoeira Angola no centro sociocultural de Vite

O centro sociocultural José Saramago de Vite acollerá do 17 ao 19 de abril o Primeiro Encontro Internacional de Capoeira Angola de Santiago. A esta cita acudirán reputados expertos brasileiros nesta dispilina como los mestres Carlão, Pedrinho de Caxías ou o contramestre Dírcen. O encontro está organizado polo grupo Angola Zimba e o mestre Boca do Río.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí.

terça-feira, 31 de março de 2009

O folk intimista de Keren Ann pon o broche en Santiago

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

A súa primeira xira en España, que tiña Santiago como última parada, fíxolle percorrerse medio territorio en coche. E é que Keren Ann e a súa banda perderon todos os avións que conectaban Murcia, San Sebastián e Santiago, as tres cidades elexidas nesta xira. A culpa é da festa, din, e o cambio de hora, pero o seu primeiro contacto con España sentoulles ben. A cantante cóntao entre risas: "Era a nosa primeira visita, e quedei enganchada con Barcelona. Temos que volver".

A banda chegou o domingo máis unha hora tarde ao ensaio no Auditorio de Galicia. Pero non sa podían xogar. A cita era ante un auditorio inédito que a cantante practicamente encheu. Toda unha fazaña, enfrontarse a unha audiencia que a escoitaba por primeira vez. Só un dos seus seis discos, Keren Ann (EMI, 2007) pode encontrarse no noso país. Os seus seguidores coñécena, sobre todo, polas súas colaboracións con Antony and the Johnsons ou Benjamin Biolay. "Non podiamos facernos unha idea de cantos nos siguen, pero ao público español gústalle a música que crea atmosfera. Esta éo".

O esceario, envolto en fume, cambiaba con luces que imitaban un bosque de bambú e calquera cidade do mundo. Sobre el, un piano, dúas guitarras e unha trompeta. A compositora móvese dentro da Nouvelle Chanson, que defendeu cos seus mellores temas. Houbo tempo para pasar do inglés ao francés entre notas de folk intimista. O recital foi un paseo por letras "melancólicas, aindaque non tristes", como ela mesma recoñeceu.

Keren Ann, miúda e vestida con vestido negro e botíns de charol e tacón, saiu puntual cunha copa de viño na man, e regalou aos asistentes casi dúas horas de concerto detrás da súa guitarra. Os seus músicos mirábana con deleite. E ela conquistou á audiencia (á nova e á veterana) entre susurros: "Encántanme estas festas, con Rioja e blues". E é que cando un se encontra de fronte cunha estrela, aínda sen coñecela, recoñécea ao instante.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

quinta-feira, 26 de março de 2009

Aberto o prazo para a sexta edición do Premio Auditorio

O certamen de Novos Artistas pretende ser unha plataforma para os creadores e acercar ao público as obras máis innovadoras ·· Haberá unha mostra cos finalistas

A concelleira de Cultura, Socorro García, e o director xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez, presentaron onte o sexto Premio Auditorio para Novos Artistas, cuxo prazo estará aberto até o próximo 25 de setembro. Socorro García sinalou que se trata de "un evento consolidado que ten como obxectivo axudar economicamente a produción e investigación de artistas novos, achegar ao público da cidade as creacións galegas máis actuais e anovadoras e, ao tempo, permitir a estes artistas darse a coñecer perante a crítica de arte e a poboación en xeral".

O certamen, que se celebra cada dous anos, vai dirixido a artistas galegos ou residentes en Galiza menores de 40 anos, podendo presentar unha obra en calquera técnica ou soporte.

As creacións deberán presentarse np Auditorio xunto ás características da obra, datos do artista e a súa traxectoria. O xurado realizará unha primeira selección en decembro, da que sairá unha exposición.

Serán precisamente os membros do xurado os encargados de outorgar o Premio Auditorio, dotado con 6.500 euros, e os cuatro accesits, que recibirán 1.500 euros. Tras a exposición, entregarase o Premio do Público, dotado con 1.200 euros.

O xurado estará integrado por Díaz Pardo, Federico López Silvestre, Ignacio Barcia, Alicia Murría, Chus Martínez e Paulo Rodríguez, quen destacou a "gran proxección que ofrece o premio aos artistas finalistas", explicando que "creadores galardoados en pasadas edicións, están a desenvolver fecundas carreiras creativas desde a súa participación no certame".

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Presentadas as bases da sexta edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

A concelleira de Cultura, Socorro García, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron onte as bases do sexto Premio Auditorio de Galicia para novos artistas cuxo prazo de presentación fica aberto até o 25 de setembro. A responsable de Cultura falou do certame como un evento consolidado que ten como uns dous seus obxectivos «axudar economicamente a produción e investigación de artistas novos e achegar ao público da cidade as creacións galegas máis actuais e anovadoras». A edición de 2009 vai dirixida a artistas galegos ou residentes en Galicia menores de 40 anos que presenten una soa obra, individual ou colectiva, de calquera caste de técnica ou soporte. As creacións a concurso débense presentar antes do 25 de setembro, ás 14 horas, no Auditorio, sendo necesario entregar, coas características da obra, os datos do artista así como a súa traxectoria. En decembro o xurado realizará unha selección, da que sairá unha exposición. O premio está dotado con 6.500 euros.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

terça-feira, 24 de março de 2009

Concerto da Banda Sinfónica da Federación de Bandas Galegas

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

domingo, 22 de março de 2009

Primavera con música

A Banda Sinfónica estreou as obras gañadoras do primeiro concurso de composición


Para estrear a primavera con bo pe, os melómanos non faltaron á cita no Auditorio de Galicia. A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música presentou onte á noite as obras gañadoras do primeiro Concurso Galego de Composición. O concerto repasou obras como A revolta irmandiña, Terra de Oestrimnios, O soño de Breogán ou Irmandiños.

Con este certamen preténdese pór en valor tanto aos compositores como á temática galega. En última instancia, búscase incorporar novas obras de raíces autóctonas ao repertorio das bandas con domicilio na comunidade.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

sábado, 21 de março de 2009

A Federación Galega de Bandas estará no Auditorio

A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música tocará hoxe sábado, ás nove da noite no Auditorio de Galicia, as obras gañadoras e finalistas do I Concurso Galego de Composición. As mesmas son A Revolta irmandiña, de Raúl Martínez, e Terra de Oestrimnios, de Andrés Álvarez. Asimesmo, Xosé Carlos Seráns dirixirá a interpretación de O soño de Breogán, de Juan Durán.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

terça-feira, 17 de março de 2009

Cortes de tráfico en Trinidade, Carvalho Calero e San Lázaro

Unha intervención arqueolóxica entre a praza de San Clemente e a rúa das Hortas impide o paso de coches nesa zona ·· A restricción durará dez días

A rúa de Trinidade, desde a praza de San Clemente até as Hortas, foi pechada onte ao tráfico a causa de estudos arqueolóxicos nesa zona, que permanecerá cortada durante dez días, segundo informou o Concello.

Co fin de facilitar a circulación, cambiouse de dirección a rúa de Carretas para permitir o acceso á zona das Hortas subindo por García-Sabell ou baixando poa costa de San Francisco.

O estudo arqueolóxico, que se acomete á altura da igrexa de San Fructuoso, consiste na apertura dunha zanxa de sondeo entre Raxoi e o citado templo. A obra durará dez días.

Outro dos cortes de tráfico se fará a partir de hoxe na rúa Ricardo Carvalho Calero, que permanecerá pechada en dirección Pelamios-Avenida de Castelao. A circulación será desviada pola rúa Vista Alegre.

Por último, o Concello informou onte que, con motivo das obras de tendido eléctrico que se están realizando en San Lázaro, na rúa Clemente Fernández Sarela, quedará cortado o carril de acceso ao campo de fútbol.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Concerto especial da federación de bandas no Auditorio de Galicia

A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares ofrecerá o sábado, ás 21.00 horas, no Auditorio de Galicia, un concerto especial ao ofrecer en primicia as obras gañadoras do I Concurso de Composición, dos autores laureados Juan Durán, Raúl Martín Niñerola, Juan Fernández Guzmán e Andrés Álvarez.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

domingo, 15 de março de 2009

Menos dun terzo das solicitudes da dependencia están resoltas

O perfil da cuidadora é unha muller de 61 anos, con problemas de artrose e con nula ou escasa axuda formal

O Concello de Santiago tramitou 669 peticións, das que teñen resolución pouco máis de duascentas

A Lei da Dependencia segue o seu camiño paso a paso, pese a que os usuarios quixesen que a velocidade fose significativamente superior. Desde o departamento de Vicepresidencia ofrecen datos globais das persoas que solicitaron os recursos desta lexislación estatal, das valoracións realizadas e as axudas concedidas, pero non se desagregan os datos por concellos, polo que é complicado aglutinar as cifras de compostelanos que tramitaron esta lei.

O Concello é un das canles para facelo, e os servizos sociais municipais emitiron xa 669 peticións desde a súa entrada en vigor. Segundo os datos facilitados pola Concellería de Servizos Sociais, resolvéronse 206, menos dun terzo. Isto non significa que estas persoas dependentes xa estean cobrando a axuda ao cuidador, ou teñan unha praza nunha residencia, senón simplemente que está concedida.

Desde o Concello recordan que aínda que son moitos os que esperan pola resolución, os trámites estanse axilizando respecto ao primeiro ano de implantación da norma. A canle municipal non é o único, con todo, e as persoas dependentes ou cun familiar con algún grao de dependencia tamén poden xestionalo a través dos traballadores sociais do Servizo Galego de Saúde. Aínda que a Consellería de Sanidade non facilita datos, desde un dos catro centros de saúde de Santiago, o de Vite, sinalan que se valoraron xa outras 156 solicitudes, a maioría xa concedidas. En total, tendo en conta os datos do Concello e os dos centros sanitarios, a cifra superaría ampliamente o milleiro de tramitaciones.

Mulleres na sesentena

O centro de saúde de Vite levou a cabo un estudo no barrio sobre as persoas que se encargan de coidar aos dependentes. O perfil reflexa que se trata dunha muller de 61 anos que dedica as 24 horas ao día a coidar ao seu familiar dependente, normalmente o seu cónxuxe ou aos seus pais. En xeral, a maioría dos apoios que teñen son de carácter informal (familiares ou veciños) e en menor grao de carácter formal (axudas públicas ou servizos de residencia ou centros de día).

Ademais, no estudo fíxose fincapé en como se sentían, e moitas tiñan problemas de depresión, ansiedade, así como de enfermidades osteoarticulares -fundamentalmente artrose e artrite-, agravadas polos traballos de mobilidade que deben facer cos seus familiares.

ENTREVISTA | ISABEL REDONDO | Trab. social en Vite

«É unha boa lei, pero fai falta unha maior coordinación entre os recursos sociais e sanitarios»

Isabel Redondo Zambrano é a traballadora social do centro de saúde de Vite. Defende unha lei que deu un respiro a unha poboación como a compostelana, envellecida e en moitos casos con problemas de dependencia. De feito, recorda que os primeiros casos que empezou a tramitar en maio de 2007 xa estaban cobrando en marzo do 2008. Como é lóxico, todo é mellorable, e ela ten moi claro cais son as lagoas que hai que subsanar.

-¿Que é o que falta nesta lei?

-É unha boa lei, aínda que desde o meu punto de vista fan falta tres cousas: unha maior coordinación dos recursos sociais e sanitarios, para que o proceso sexa máis áxil e sobre todo non haxa duplicidade de traballos; a contratación de persoal formado, para que non se produza un pescozo de botella; e a potenciación dos recursos básicos. Un dos grandes problemas que ten Santiago, e supoño que Galicia, é a ausencia de recursos como residencias, centros de día, programas de respiro familiar.

-¿É tan lenta a dependencia como din?

-Calquera trámite administrativo é lento. Estase tardando en torno a un ano ou ano e medio desde a tramitación da solicitude. Nisto tamén inflúe o tipo de axuda que se conceda, porque é máis sinxelo conseguir a compensación económica ao cuidador cando é un familiar, ou ben vinculado a un cuidador externo (nestes casos trátase dunha achega económica), que os servizos, porque hai un déficit de base (non hai prazas en residencias nin centros de día).

-¿Como mellora a vida do dependente e o cuidador unha vez concedida a axuda?

-De súpeto o cuidador pode contratar a alguén unhas horas ao día e saír, cambiar de aires, porque tamén ten un nivel de estrés elevado. Aos que non traballan págaselles ademais o alta na Seguridade Social. É un respiro para a persoa que coida ao dependente.

Case 58.000 galegos solicitaron a axuda á Xunta

As cifras galegas que manexa o departamento de Vicepresidencia e que periodicamente envía ao Ministerio de Educación e Política Social -que é o que ten competencias na actualidade- reflicten que a finais de xaneiro deste ano solicitaran as axudas case 58.000 galegos de distintos graos de dependencia.

Os equipos de valoración están traballando con rapidez, e máis de 54.000 xa foron recoñecidos por estes equipos -en todo o proceso hai dúas valoracións, a que fai o traballador social que tramita a axuda, e despois a dous equipos de Vicepresidencia-. Algo máis de 36.000 tiñan dereito a algún tipo de axuda, e deles 22.559 xa recibiron un Plan Individualizado de Atención (PIA) recoñecido na lexislación estatal.

Para ler a primeira noticia no seu lugar de orixe preme aquí
Para ler a entrevista no seu lugar de orixe, preme aquí
Para ler a última noticia no seu lugar de orixe, preme aquí
Para ler o testemuño das familias, preme aquí, aquí e aquí

sexta-feira, 6 de março de 2009

Jorge Jáñez renuncia ao seu posto de director do hotel NH Obradoiro

Ocupaba o cargo desde a súa apertura en 2005 ·· Incorpórase ao proxecto de Carris Hoteles

Jorge Jáñez, director do Hotel NH Obradoiro desde a súa apertura en Setembro de 2005, abandonará nos próximos días este posto no emblemático establecemento situado fronte ao Auditorio de Galicia, para emprender unha nova andadura profesional.

Jáñez abandona este hotel de cinco estrelas para incorporarse como director de operacións ao proxecto de Carris Hoteles, compañía que, cun 100% de capital galego, aspira a converterse na primeira cadea do Eixo Atlántico.

Carris Hoteles ten a súa sede central na compostelá Plaza do Toural. O obxectivo inicial da compañía é estar presente nas sete grandes cidades galegas, O Porto e Lisboa. Os dous primeiros abriranse no 2010 en Santiago e O Porto.

Antes de chegar a Santiago, Jorge Jáñez foi durante cinco anos director do hotel NH Liberdade, en Lisboa.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Cinco colexios de Santiago necesitan un investimento de 250.000 euros

A concelleira de Educación confía en que se manteña o compromiso de arranxar as deficiencias nos centros


A Delegación de Educación tiña un compromiso verbal coas autoridades locais de Educación de Santiago pendente de firma para investir 250.000 euros en cinco colexios da cidade. Trátase de executar unha serie de obras que exceden o que se considera puramente de mantemento, polo que forman parte das competencias da Xunta.

Os cinco colexios que ían recibir recursos da delegación son o Monte dos Postes, Fontiñas, Raíña Fabiola, Apóstolo Santiago e Vite. Nestes centros executaríanse ao longo do verán obras como substitución de fiestras e arranxo da vivenda do esbirro no caso do Monte dos Postes, gretas e pintura no Raíña Fabiola, arranxo das pingueiras do tellado acristalado do colexio de Fontiñas, reparacións no patio cuberto do Apóstolo Santiago e outras obras de estrutura no de Vite.

Outro dos compromisos, pendentes de confirmación, é a construción da nova Escola de Idiomas na Choupana. O terreo visitárono os técnicos de Educación e estaba pendente da cesión municipal.

A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, confía en que todos os compromisos se manteñan, xa que os centros precisan dun investimento para mellorar o seu estado. Doutra banda, a edil apuntou que, en próximas datas comezarán as obras de remodelación no Quiroga Palacios, financiadas integramente pola Consellería de Educación. Neste caso, os responsables da empresa adxudicataria e a dirección do centro xa mantiveron contactos para compatibilizar a docencia coa execución dos traballos.

Ademais deste investimento, a Consellería ten en marcha a construción do colexio de Pontepedriña, que substituirá aos centros Colexiata de Sar e Ramón Cabanillas.

Ademais, a titular municipal de Educación solicitará á Consellería que se aborde máis obras na rede de centros e, concretamente, espera que se afrontar a reforma integral do colexio Casas Novoa na Sionlla, que precisa unha reforma para optimizar o espazo e mellorar o seu aspecto.

Á parte da inxección de recursos económicos de Administración galega, a rede de centros educativos tamén recibirá un importante investimento do orzamento municipal. Concretamente, o departamento de Educación destinará 18.000 euros para afrontar unha serie de traballos urxentes en varios colexios, que se viron afectados polo temporal Klaus. Neste caso, trátase de reparacións en tellados e peches.

Ademais, outros 50.000 euros, tamén dos fondos locais, destinaranse a traballos de manteamiento e reparacións, entre as que están pinturas, fechaduras e tarefas de fontanería ou carpintería. Estas reparacións iranse acometido ao longo do curso.

Doutra banda, a concelleira apuntou que de cara ao verán, cando cesa a actividade nos colexios, o Concello ten preparada unha partida de ao redor de 130.000 euros, que supón un incremento do 103% dos recursos municipais para os centros educativos. Con cargo a estes fondos atenderanse proxectos de mantemento, entre as que se incluirá a reparación do peche da Sionlla e outros traballos que forman parte dunha lista de peticións dos cadros directivos.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

terça-feira, 3 de março de 2009

Concerto da caboverdiana Lura no Auditorio de Galicia

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Pechan ao tráfico a rúa Carvalho Calero por obras de saneamento

O departamento de Mobilidade do Concello de Santiago informou onte de que debido á realización de obras de renovación do saneamento da rúa Ricardo Carvalho Calero, esta permanecerá pechada ao tráfico rodado en dirección Pelamios-Avenida de Castelao.

Desde Raxoi suliñaron que o citado peche ao tráfico comezará hoxe martes, a partir das 9.00 horas, até a finalización dos traballos de renovación.

A circulación para os coches que teñan que ir pola citada rúa compostelá en obras será desviada cara a rúa Vista Alegre.

Ante estas obras e o peche de circulación, o Concello compostelán pide aos cidadáns que desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Os populares arrasan en todas as mesas urbanas e rurais da cidade

Ningún dos bastións socialistas aguantaron nas eleccións do domingo. O PP impúxose en Fontiñas, Vite, Conxo e todas e cada unha das mesas dos barrios e parroquias compostelás. En Fontiñas, os socialistas lograron 1.997 votos fronte aos 2.300 do PP e 1.200 do BNG. Tampouco o Ensanche respondeu ao PSdG, que obtivo 1.200 votos fronte aos 2.700 dos populares e pouco máis de cincocentos, o BNG. Sar tamén foi do PP, que se impuxo por case 800 votos free aos 380 e 300 de socialistas e nacionalistas. Pontepedriña e Castiñeiriño tamén se inclinaron a favor dos populares, que lograron 480 e 720 votos respectivamente; mentres que os socialistas conseguiron case 400 votos en Pontepedriña e non chegaron aos setecentos en Castiñeiriño. O BNG suma entre os dous barrios pouco máis de 400 votos. Vite, habitualmente socialistas, tamén prefire ao PP, aínda que con pouca distancia. Os populares fixéronse con 300 votos nas dúas mesas máis claras do barrio; PSdG, 229 e 159, o BNG. No rural, onde se impón o PP normalmente, volveu facerse cunha vitoria máis.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

sábado, 28 de fevereiro de 2009

A cantante caboverdiana Lura actúa no Auditorio

O Auditorio de Galicia acollerá esta noite, ás 21.00 horas, a segunda cita do ciclo Sons da Diversidade, que chega da mano de Lura, una cantante de origen caboverdiano que presenta o seu último traballo M'bem di fora.

A diva cosmopolita da música caboverdiana afonda nas súas raíces rurais cunha viaxe que vai do rithm and blues aos ritmos máis auténticos da terra dos seus antepasados. Funaná, batuku, mazurca... non faltarán na actuación de Lura, cuxas entradas poden adquirirse, a 15 euros, na billeteira.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Sensualidade caboverdiana en Sons da Diversidade

A cantante Lura visita o Auditorio coas súas últimas cancións, reafirmando a riqueza musical do seu país
Lura retorna co seu último disco a Cabo Verde,
onde canta rodeada de xentes de todas as idades.

Aínda que nacida en Lisboa, o seu sangue provén de dez illas como dez enormes pedras volcánicas navegando no Atlántico, sobre as que ela canta tocando o oído e a pel coas súas doces cancións de inconfundible sabor caboverdianos. Chámase Lurdes Assunção, pero ela escolleu as tres primeiras letras do nome e a primeira do seu apelido para darse a coñecer no mundo da canción como Lura. Esta noite, día de reflexión en Galicia, a cantante de Cabo Verde porá o ton preciso e o sorriso perfecto para estas horas previas á xornada electoral co segundo dos concertos do programa Sons da Diversidade no Auditorio de Galicia.

Lura regresa por segunda vez a Compostela, nesta ocasión coas cancións do seu último disco M' bem di fora , título que alude a unha expresión caboverdiana utilizada para designar as persoas que veñen de fóra da cidade, do interior. A cantante non se sentirá estranxeira na capital galega pois neste territorio lusófono son moitos os que gustan da música caboverdiana. Ademais, Lura é unha estrela que xa aluma con moito brillo no ceo da música lusófona, sorprendendo polo seu carácter, a súa voz vigorosa, triste ás veces, de timbre profundo e inflexións sensuais.

Lura naceu en Lisboa en 1975, o mesmo ano que Cabo Verde se independizaba de Portugal, seguindo así o destino de dous terzos da poboación do seu país que vive na diáspora. O seu pai era da illa de Santiago, e a súa nai de Sao Nicolau, a illa que produce o mellor grog (ron local), e a novo artista recorda aos seus pais escoitando e bailando morna, como a maioría dos caboverdianos. Porque en Cabo Verde, como evoca a cantante, aínda que teñen motivos para chorar, sempre están dispostos para a festa. Hai que bailar con desgustos e ser felices con bágoas nos ollos, pero nunca darlle pena á tristeza.

A voz asentada sobre o seu vigoroso corpo, esculpido pola natación e a danza, non estaba destinada para a canción. Lura era bailarina e o potencial da súa voz foi descuberto por casualidade, ás súas 17 anos, por Juka, estrela da música africana en Lisboa. Pouco despois xa gravaría un disco de baile con estilo crioulo caboverdiano de fondo, ao que seguiría un cóctel de R&B e zouk, o ritmo de moda entre a mocidade de Cabo Verde.

Desde entón, a hoxe xa diva da música caboverdiana veu profundando nas súas raíces rurais nunha continua viaxe polo R&B e os ritmos máis auténticos da terra dos seus antepasados como o funaná, o batuku, mazurca... parte esencial da vida diaria de Cabo Verde e cun sabor diferente en cada illa. O terceiro disco de Lura, o primeiro verdadeiramente caboverdiano, Di Korpu Ku Alma, foi un éxito rotundo no arquipélago e a diáspora. Agora, catro anos máis tarde, Lura reafirma a súa identidade e a enorme riqueza de Cabo Verde, con M' bem di fora.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

sábado, 21 de fevereiro de 2009

«O Auditorio é onde mellor soa a música de toda Galicia e case que de España»

Músico por vocación e paixón, fíxose a si mesmo como técnico de son e hoxe é un referente na súa especialidade

A Radio Galega ten un estudo e uns equipos de gravación únicos nun medio radiofónico público, agás o que ten RNE. A fronte deste servizo, que naceu co medio hai vintecatro anos e que está aberto a todos os músicos galegos que o requiren, tanto se son afeccionados ou profesionais, está Pablo Barreiro Rivas, un técnico de son feito a si mesmo que é unha referencia non mundo ds música malia que o refuga esa consideración.

Con 9 anos veuse do seu Forcarei natal a Santiago para facer o bacharelato no Seminario, «porque nunha familia como a miña era a única posibilidade que tiñamos de estudar os dous irmáns maiores e logo eu». Chegou coa idea de estudar para cura, «pero era o único que a tiña, porque meus pais so querían que tivera unha formación, e a vía era o Seminario». A vocación pasoulle axiña, «porque nun par de anos empecei a pensar noutras cousas»

O que si fixo naqueles anos de seminarista foi estudar música. Prendera nel a chispa cando tiña uns sete anos. Viñera coa súa nai visitar aos dous irmáns «e José Luis deunos unha guitarra que lle acababa de tocar nunha rifa para que a levaramos a casa no coche de liña. E alí quedou ate que un día veu el e empezou a tocar algunhas cousas que aprendera, e para min foi unha revolución, pareceume impresionante que se lle puideran arrincar sons coherentes a aquel aparato que nunca vira funcionar». Anos despois estudou guitarra clásica en Santiago con Isaac Vázquez Alvite. Esa foi a súa verdadeira vocación, a que o levou a dedicarse profesionalmente á música, tocando en orquestras por festas e verbenas de toda Galicia.

Ate que apareceu a Radio Galega e Pablo percorreu de novo Galicia, esta vez «nunha camioneta chea de trasgos» para gravar a grupos, bandas e demais novas musicais. Non tardou en converterse nun gurú no mundo da música galega pola súa impecable mestría e a súa grande sensibilidade co son, malia que el di que foi totalmente casual, «porque se son unha referencia é porque tiven a sorte de caer nun sitio determinado, onde podo facer un traballo determinado cunhas boas condicións. Calquera outro que estivera aí sería unha referencia». Tamén minimiza a xenerosidade que lle recoñecen moitas persoas: «É moi fácil selo cando tes asegurado o pan. Sei moi ben que estou nun servizo público no que teño que poñer a disposición da xente os medios que a propia sociedade me proporciona. Eu fágoos funcionar en beneficio da comunidade». Neste estudo radiofónico teñen as portas abertas afeccionados ou principiantes que queren gravar unha maqueta de presentación, tanto se son solistas como grupos ou coros que empezan como gravacións en conservatorios de formacións de alumnos. Fan o seguimento da Real Filharmonía de Galicia, da que gravan practicamente todos os concertos, e das bandas populares dun nivel profesional. Tamén gravaron toda a música histórica dos arquivos das catedrais e a recuperacións da medieval e renacentista. O fondo musical da Radio Galega é dos máis ricos, se non o máis, que hai en Galicia.

Pablo asegura que ten a sorte de que lle deixan traballar ao seu aire, ate o punto que ás veces está algo preocupado «porque non sei se me deixan porque non saben o que fago ou é porque realmente o fago ben». É das persoas que mellor coñece a situación da música galega, a súa vitalidade e a súa evolución. «Teño o pracer de estar moi metido no miolo, que vai por ciclos, porque houbo un momento no que as bandas de música avanzaban a unha gran velocidade, pero a medida que foron mellorando a cousa foise amainando, porque é difícil mellorar. E o mesmo pasou co jazz, que se foi asentando, con menos revolución e máis traballo de fondo, como pasou tamén co folk». Podía escribir a historia da música nestes case 25 anos, pero nin o pensou, porque aínda que recoñece que ten unha visión única, «non é completa e non quero monopolizar nada, sería pretensioso pola miña parte, porque hai moitos currunchos que se me escapan». Asegura que foron anos magníficos, entre outras cousas porque antes non había medios nin formación, «¡quen me dera cando estudaba música, naqueles anos nos que había que ir adiviñando e inventando o que xa estaba inventado!».

O mesmo lle pasou como técnico de son, especialización na que é autodidacta, «porque non tiven unha escola e fun pescudando e compartindo coñecementos con outros colegas. Por iso manexo técnicas que son miñas, aínda que logo descobres que chegaches a conclusións doutros, pero podo dar fe que son miñas, aprendendo dende abaixo, observando a vida».

A clave do traballo de Pablo está en ser músico, cousa que lamenta que non sexa unha condición hoxe en día na formación regrada. «Eu non concibo un traballo coma o meu sen ser músico». Pode entender que non o sexa un técnico de sonorización de cine ou de control nunha estación de radio ou nun plató de televisión, «pero para gravar música hai que ver cos ouvidos, pechar os ollos e ver como está colocada a orquestra para poder apreciar cada instrumento nunha gravación. Aí é onde distingo unha boa gravación dunha mala». Di que canto mellores e máis profesionais son os músicos máis doado é traballar.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

sexta-feira, 20 de fevereiro de 2009

Ciencias da Comunicación acolle unhas xornadas sobre xénero e información

Baixo o título Comunicar dende a perspectiva de xénero. Claves para unha información non sexista , a Facultade de Ciencias da Comunicación acolle entre os días 2 e 6 de marzo unhas xornadas sobre xénero e información, que pretenden axudar a un uso correcto e comprometido da linguaxe nos medios, e achegar as claves para poder facelo.

Dirixidas por Luís Álvarez Pousa, director de Tempos Novos e profesor da USC, e por Ana Belén Puñal, do grupo de investigación Cidacom (Cidadanía e Comunicación), o seminario combina conferencias con sesións prácticas, abordando a perspectiva de xénero desde distintos ámbitos: a reprodución de estereotipos, o tratamento nos contidos audiovisuais, a violencia de xénero nos medios, ou as representacións de homes e mulleres nos medios de comunicación.

Entre as relatoras que participan nas xornadas figura Isabel Menéndez Menéndez, xornalista especializada en temas de xénero e autora d'O zapato da cincenta. O conto de fadas do discurso mediático, no que se reflicte como a televisión substituíu aos contos no seu rol de perpetuar un modelo de muller conservadora, maqueado baixo un verniz progresista. O seminario, dirixido a profesionais de medios e a alumnos da USC, poderá convalidarse por un crédito de libre configuración.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009

Primeira retrospectiva pictórica de Antón Mouzo no Auditorio

A exposición é unha homenaxe ao artista, falecido fai dous anos ·· A mostra recolle obras inéditas e fondos do seu estudo ·· Os debuxos, óleos, anotacións, ilustracións e videoinstalacións do autor estarán expostos até o 31 de maio.

Familiares e seguidores da obra de Antón Mouzo, falecido fai dous anos, reuníronse onte no Auditorio de Galicia para renderlle unha emotiva homenaxe a través dunha mostra antolóxica, que permanecerá exposta ao público até o próximo 31 de maio.

A exposición, inaugurada onte pola concelleira Socorro García, é a primeira retrospectiva en Galicia dun artista significativo que, segundo explicaron os seus organizadores, "desenvolve diferentes liñas de traballo a través, esencialmente, da pintura, e que toma como tema principal a representación da natureza para conformar un particular universo, que tivo en todo momento constantes referencias a Vimianzo, a vila na que naceu".

De formación autodidacta e gran coñecedor da historia da arte, a súa obra "reflicte unha fonda influencia da arte galega, desde o Románico aos renovadores, sen esquecer outras formulacións internacionais como Hockney ou Bacon, aos que admiraba".

A mostra, comisariada por María Pouse, recolle unha selección do seu traballo máis significativo, sorprendendo ao público cunha obra "na que se detecta o espírito dun creador inquedo que explora continuamente e que se expresa por medio de diferentes poéticas", entre as que destacan "o pop, ou neoexpresionismo, a figuración, a abstracción ou a fotografía, sen esquecer tampouco o uso das novas tecnoloxías".

O proxecto, produción propia do Auditorio e para o que a comisaria, María Pouse, contou coa estreita colaboración da familia e amigos que se involucraron de "xeito determinante no impulso desta iniciativa", inclúe obras inéditas procedentes no seu maior parte de arquivos do artista e dos fondos do seu estudo.

A selección permitirá ao público "coñecer e gozar de óleos, debuxos, anotacións, ilustracións, videoinstalacións e diversas series de pinturas, como as que o cineasta Xavier Villaverde utilizara no filme Fisterra".

Nova antolóxica













Os amantes da arte déronse cita onte no Auditorio para asistir á inauguración da mostra de Antón Mouzo, que permanecerá aberta até o 31 de maio, podendo visitarse todos os días de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 horas, agás os días de concerto que pecha ás 19.00 horas.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009

Exposición antolóxica de Antón Mouzo no Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia acollerá hoxe, ás 20.30 h., a inauguración dunha mostra retrospectiva de Antón Mouzo, que presentará un percorrido polas obras realizadas desde comezos dos anos oitenta até as súas últimas producións, con pezas que destacan pola complexidade da súa elaboración e o seu carácter experimental.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

O pianista Abe Rábade deleitou aos escolares galegos cun repertorio de jazz no Auditorio de Galicia

O pianista compostelán Abe Rábade deleitou onte aos escolares galegos cun concerto didáctico de jazz, que foi moi aplaudido. O programa, preparado especialmente para acercar o jazz aos escolares e que se repetirá hoxe, incluiu obras de clásicos como Charlie Parker, Bill Evans, Miles Davis, John Coltrane e dúas composicións do propio músico. As sesións deste espectáculo foron disfrutadas por alumnos de Santiago, Boqueixón, Touro, Ames, Brión, Monforte, Marín e Caldas, entre outros.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

domingo, 15 de fevereiro de 2009

Exposición sobre a historia do lobo no centro veciñal de Vite

A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, inaugurará o martes ás 19.30 horas no centro sociocultural José Saramago, de Vite, a exposición denominada "O lobo, unha carreira pola supervivencia".

A mostra que agora chega a Santiago está organizada por Adega, o grupo ecoloxista Erva, e a Asociación de Amizade das Artas Galego-Portuguesas, e pretende ser un alegato a favor da conservación do lobo ibérico e dos seus hábitats.

Estará aberta até o 17 de marzo, e nela reúnense obras de creadores literarios e plásticos solidarios coa defensa do lobo e o seu ecosistema. Vinte e nove escritores galegos aportaron obras inéditas, e ademais figuran tamén pinturas, fotografías e esculturas de autores galegos e portugueses con esta mesma temática.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

O lobo centra unha exposición que poderá visitarse desde o vindeiro martes en Vite

A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, Elvira Cienfuegos, inaugurará o vindeiro martes a exposición O lobo, unha carreira pola supervivencia. Será no centro sociocultural José Saramago de Vite ás 19.30 horas. Esta mostra chega a Compostela da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega); o grupo ecoloxista ERVA e a Asociación de Amizade dás Artes Galego-Portuguesa e pretende ser unha alegación pola conservación do lobo ibérico e os seus hábitats.

A exposición contén paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galicia, fotografías sobre a especie e o seu medio, elementos relacionados coa bioloxía do lobo e elementos que evidencian a presenza deste animal na cultura. Tamén conta cunha parte bibliográfica e un documental sobre o lobo rodado en liberdade. Existe a posibilidade de realizar visitas guiadas a esta iniciativa ecolóxica.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aqui

sábado, 7 de fevereiro de 2009

Cabreo en Vite pola apación de pintadas con símbolos racistas

Os veciños denuncian que "a Policía nunca pasa por aquí" e piden aos políticos que lles presten máis atención ·· Algúns edificios están cheos de signos nazis

Os veciños da Avenida de Castelao, no barrio de Vite, están fartos de que un grupo de rapaces se dedique a pintar as paredes das súas casas. A súa paciencia, ademais, está ao límite desde que pintasen signos nazis e racistas no número 28 desta rúa. "Pagamos os mesmos impostos que os veciños do centro da cidade, pero por aquí nunca pasa ningunha patrulla da Policía", aseguran os veciños. E, por elo, reclaman máis atención "dos políticos, que agora nos pedirán o voto". Ademais das pintadas, os gamberros romperon uralitas dalgunhas casas, "e agora temos que aguantar que nos entre humidade nas nosas vivendas", sinalan estes afectados.

Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

Asociación Veciñal "Polígono de Vite"

Asociación Veciñal Polígono de Vite

Proxecto "Urbana Santiago norte"

proxecto URBANA SANTIAGO NORTE

Centro socio-cultural "José Saramago"

Centro socio-cultural José Saramago

Estades controlados

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Snap Shots

Get Free Shots from Snap.com

Novas Vitenses © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO